Ademais da narración oral e a narración con apoio do libro, existen outras técnicas para contar. As historias poden ser narradas de infinitas maneiras. Elixir a maneira de contar depende das ganas de variar e experimentar que teñamos. Hoxe presentámosvos unha receita moi fácil de facer. Utilizar as MANS e os DEDOS para xogar e... Seguir lendo →
“Os libros sen páxinas”: ditos, recitados, xogos corporais, rimas…
As nosas bebetecas están repletas de libros de cartón duro e esquinas redondeadas, libros de tea, libros con diferentes texturas, en branco e negro, etc. Os máis pequenos poden manipulalos, pasar follas, lanzar ou levalos á boca para saborear en compañía da súa familia. Nestes momentos, non podemos acudir ás bibliotecas pero para ler aos... Seguir lendo →
O ritmo da poesía
No noso post anterior “A música impacta no cerebro do bebé” expoñiamos que diversos estudos afirmaban que a música “activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro”. Pois ben, tamén son moitos psicólogos, pedagogos e musicólogos que nos falan da musicalidade da linguaxe; Perret, Malloch e Trevarthen, apoian e explican como a linguaxe e... Seguir lendo →
“A Flor de Pel”, obradoiro de masaxes proximamente na Biblioteca Forum
Queremos despedir os Bebencontros da Biblioteca Forum dun xeito especial, e que mellor maneira que dun xeito moi próximo, cunha sesión de masaxes. Aprenderedes da man de Carla Console (Boga Psicólogos) o fundamental sobre esta técnica ancestral e descubriredes a importancia do sentido do tacto na relación co voso bebé. Neste obradoiro atoparedes recursos e... Seguir lendo →
O ruído branco
Nestas dúas sesións os nosos contos protagonistas foron: “Adivina cuánto te quiero”, escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram, é un dos contos máis amorosos, onde dar medida ao amor convértese nun xogo de expresión de sentimentos. “¿Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, permítenos crear a nosa historia, adaptar cancións, ... Seguir lendo →
Bebencontros de novembro na Bebeteca Forum
No mes de novembro pasamos dúas tardes de conto cos máis pequenos. O sábado 14 Beba agardaba na Bebeteca do Forum Metropolitano a Martín, Noa, Manuel, Miguel, Martina, Diego e Valeria, con contos, música e poesía, xogos e cancións; e, o sábado 28, a Max, Celtia, Sofía, Laura, Julia e ao máis pequeño, Guillermo, que,... Seguir lendo →
Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Forum
Érase unha vez... Unha ratiña moi presumida… deste modo comezamos o pasado 17 de outubro os Bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Da man deste conto clásico ilustrado por Chantal Vizcaino e doutras historias. Despertamos a curiosidade dos bebés musicando o conto: Un caracol? de Guido Van Genechten, no que ao ir despregando, o caracol da... Seguir lendo →
Con todos vostedes… un circo divertido!
O pasado sábado desfrutamos dunha fantástica tarde de circo con Daniel, Iago, Jacobo, Noa, Ricardo, Sabela e as súas familias. Aplaudimos aos malabaristas, rimos cos pallasos, pero coa entrada dos leóns, prodúxose un momento de tensión: Os leóns ensinan os dentes, pero... que domadores tan valentes! http://www.youtube.com/watch?v=-ZoI3-ZbvIw Encantounos este espectacular Juego del circo de Hervé Tullet.... Seguir lendo →
Somos rosas na Bebeteca do Forum (13-24 meses)
No sexto Bebencontro de 13 a 24 meses na Biblioteca do Forum, adicamos unha parte importante da sesión ao xogo relacionado coa lectura. Escollimos un conto do autor-ilustrador francés Hervé Tullet, Juego del circo (Kókinos, 2008), para narrar xogando este "conto circense" tan divertido. Que adentrou aos pequenos ao máxico mundo do circo, un gran... Seguir lendo →
Somos azuis na Bebeteca do Forum (13-24 meses)
No quinto Bebencontro na Biblioteca Forum Metropolitano, despois do conto "Un elefante se balanceaba", de Marianne Dubuc, animamos aos papás e mamás a balancear aos seus bebés. Os balanceos axudan a reforzar o sistema vestibular, que é o encargado de manter constantemente o noso equilibrio e regular a nosa postura. Todas as sensacións que temos... Seguir lendo →