Músicas para unha bebeteca

Hai tempo que tiñamos ganas de compartir con vós un post centrado nas músicas que empregamos nas sesións da nosa Bbteca, tanto para poñermos en común a importancia que nós lle outorgamos ao emprego da música como ferramenta comunicativa cara aos bebés como tamén pola posibilidade que abre para sabermos a vosa opinión sobre a... Seguir lendo →

As Escolas Infantís enchen a Biblioteca Ágora

Sete escolas infantís (Parrulos Ventorrillo, Xénese, Bicos, Nazaret, Galiña Azul Ventorrillo, Agra do Orzán e Carme Cervigón Padre Rubinos) e máis de douscentos pequenos foron os protagonistas das nosas mañás do mes de maio na Biblioteca Ágora. Ao longo de nove días compartimos co profesorado, as familias e parte do persoal das escolas da nosa... Seguir lendo →

Medrando entre contos!

Hai xa oito meses que puxemos en marcha as sesións de promoción lectora dirixidas ao público miúdo: os BbEncontros! Ata entón, máis dun centenar de bebés entre os 4 e 24 meses, acompañados das súas respectivas familias, tiveron a oportunidade de coñecer o noso espazo, quitar os zapatos e tirarse no tapete de cores para... Seguir lendo →

Paula Bossio nas Bebescolas de Ágora

Deseñadora gráfica, con recoñecementos internacionais de ilustración como o Noma de Xapón (2002-2004) ou o Katha da India (2010), este ano, o programa de Bebescolas da Biblioteca Ágora , adicóulle as súas sesións á ilustradora colombiana Paula Bossio. Máis dun centenar de nenos e nenas de catro centros de ensino da nosa contorna (Bicos, Nazaret,... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: