“A Flor de Pel”, obradoiro de masaxes proximamente na Biblioteca Forum

Queremos despedir os Bebencontros da Biblioteca Forum dun xeito especial, e que mellor maneira que dun xeito moi próximo, cunha sesión de masaxes. Aprenderedes da man de Carla Console (Boga Psicólogos) o fundamental sobre esta técnica ancestral e descubriredes a importancia do sentido do tacto na relación co voso bebé. Neste obradoiro atoparedes recursos e... Seguir lendo →

O ruído branco

Nestas dúas sesións os nosos contos protagonistas foron: “Adivina cuánto te quiero”, escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram, é un dos contos máis amorosos, onde  dar medida ao amor convértese nun xogo de expresión de sentimentos. “¿Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, permítenos crear a nosa historia, adaptar cancións, ... Seguir lendo →

Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Forum

Érase unha vez... Unha ratiña moi presumida… deste modo comezamos o pasado 17 de outubro os Bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Da man deste conto clásico ilustrado por Chantal Vizcaino e doutras historias. Despertamos a curiosidade dos bebés musicando o conto: Un caracol? de Guido Van Genechten, no que ao ir despregando, o caracol da... Seguir lendo →

Moito máis que contos na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro do 11 de abril: 0-12 meses

Os 3 primeiros anos da vida dun bebé son un período de crecemento incríble en tódalas áreas de desenvolvemento destes. Na etapa dos 2 aos 6 meses hai estudios que demostran unha correlación directa entre a inteligencia e adquisición da linguaxe e o número de palabras que os bebés oíron nos seus primeiros anos de... Seguir lendo →

Somos rosas na Bebeteca do Forum (13-24 meses)

No sexto Bebencontro de 13 a 24 meses na Biblioteca do Forum, adicamos unha parte importante da sesión ao xogo relacionado coa lectura. Escollimos un conto do autor-ilustrador francés Hervé Tullet, Juego del circo (Kókinos, 2008), para narrar xogando este "conto circense" tan divertido. Que adentrou aos pequenos ao máxico mundo do circo, un gran... Seguir lendo →

Unha de animais na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro do 31 de xaneiro, 13-24 meses

  Vaia animaladas no Bebencontro da Infantil! Trala nosa canción de presentación e coñecemento das partes do corpo, gozamos da narración dun clásico da editorial Kalandraka: A que sabe a Lúa? cunha morea de animais axudándose e cooperando para lograr un obxectivo común: conseguir unha dentada da Lúa!!! Será doce ou salgada? mmm... que delicia! Todos queriamos... Seguir lendo →

A cantar na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro 17 de xaneiro, de 0-12 meses

Se chove, que chova! como di o anuncio,  xa que na Biblioteca Infantil pasamos a tarde do sábado quentiños cantando e lendo contos. Xa sabemos o importante que son ás cancións para o desenvolvemento dos máis pequenos,  estimula a intelixencia emocional, desperta emocións e sentimentos, ademáis favorecen a atención e a concentración; nos primeiros meses... Seguir lendo →

Espantamos a friaxe cun pouco de movemento!

Que o frío nos fai aterecer? Nós facemos que non o sentimos. Que os pes parecen témpanos de xeo? Nós saltamos ata o teito. Que as manciñas teñen os dedos agochados? Nós abrímolas, estirámolas e aplaudimos ata telas ben quentiñas! O sábado pasado, no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil, fomos escorrentando a friaxe do corpo,... Seguir lendo →

Somos multicores

O sábado pasado demos comezo os Bebencontros de 1-2 anos da Biblioteca Forum Metropolitano. Durante a a sesión “Somos Multicores”, Daniela, Martina, Mateo, Pablo A., Pablo L. e Pedro foron os protagonistas xunto aos contos, cancións, poesías e historias, conseguindo que desfrutásemos moito con todos eles. Hoxe ímosvos falar das estimulacións sensoriais, concretamente da estimulación... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: