Xa están aquí os Bblotes da Infantil!

Na Biblioteca Infantil e Xuvenil xa contamos con novos Bblotes, unha selección pensada e renovada para vós. Contamos con lotes axeitados ás diferentes idades:   Podedes atopar todo tipo de documentos: libros para os máis pequenos, para compartir en familia, material audiovisual para bailar e soñar... E tamén libros dirixidos aos pais, para orientalos nas posibles... Seguir lendo →

Visita de Pavís Pavós á biblioteca de Monte Alto: “Palma Repalma, contos para bebés”.

Hai uns días, na biblioteca municipal de Monte Alto, gozamos da compañía de Tareixa e Xacobe, os contacontos de Pavís Pavós, os que con moito, moitísimo agarimo, foron debullando contiños, rimas, poesías e cancións. A pesar de que aquela tarde foi chuviosa, eles conseguiron facer da biblioteca un lugar cálido e seguro. Descubrimos canto lles... Seguir lendo →

Despedida dos Bebencontros deste ano na Biblioteca Infantil e Xuvenil

O pasado xoves 22 de maio demos por finalizada a tempada de bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Para unha tarde tan especial, xuntamos a nenos e nenas coas súas familias para disfrutar dos contos, a música e as cores. Leo, Pablo, Iván, Nicolás, Miguel, Emma, Sabela, Sofía, Nico, Pablo e Román puideron gozar da... Seguir lendo →

Ler na casa. Bbencontro Os Rosales 3 maio

"A influencia da familia é decisiva para formar lecturas que desenvolvan a práctica da lectura ao longo de toda a súa vida. O fogar ofrece moitas oportunidades para contar, dialogar, ler en voz alta..." NA VOSA CASA...             E por suposto non vos esquezades das bibliotecarias que seguirán na vosa biblioteca para orientarvos en... Seguir lendo →

Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: A que sabe a lúa?

Nesta tardiña de primaveira na Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas gozamos dunha divertida tarde rodeados de animais, cancións, descubrimentos...   Nicolás, Manu, Pablo, Greta, Nico, Román e Dani, xunto coas súas familias descubriron os animais máis divertidos da granxa do noso amigo o Señor Coc, de  Jo... Seguir lendo →

Pequeños viajeros, viaja con niños

A veces nos entran dudas de qué podemos hacer cuando viajamos con nuestros peques, cómo podemos preparar el viaje si tenemos bebés, descubrir esos lugares excelentes para compartir toda la familia, para ello, en la Biblioteca Municipal Infantil y Juvenil,  tenemos una muestra todo este mes de abril con una selección de guías especiales para viajar... Seguir lendo →

Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil: ¿Un gato?

Un tarde máis na  Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil gozamos dun bebencontro cheo de diversión, sorepresas, cancións, rimas... Pablo, Antón, Mariña, Nicolás, Emma, Adela, Nico, Iván, Leo e Claudia e as súas familias compartiron connosco unha tarde de descubrimentos, xa que coñecimos o gato Mitifú, que tiña unha orella xoguetona e que facía que se convertese en moitos animais diferentes, esto puidémolo ver no conto de "¿Un gato?"... Seguir lendo →

Un libro, un buen regalo. Bbencontro Os Rosales 21 de Diciembre

Tiempo de regalos... Un regalo es algo que se  entrega a alguien porque se piensa en él cuando se compra, porque sabes que le va a gustar y porque quieres dar algo a cambio de nada por el simple placer de hacerlo. Nosotros los bibliotecarios estamos convencidos de que los libros son un regalo ideal siempre. No hay... Seguir lendo →

Bebencontro na Bibliotea Infantil, 19 de decembro

Unha tarde máis na Biblioteca Infantil nenos, nenas, mamás, papás e avoas gozaron do ritmo, das verbas e dos xogos, cos que recoñecemos as partes do noso corpo e como poden moverse. Pablo, Naiara, Leo,  Nico, Alejandra, Leo, Iago, Juan, Sabela e os seus papás e mamás aprenderon que cos movementos dos animais podemos facer... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: