A música ocupa un lugar destacado nas bibliotecas

Hai uns días convidabámosvos, a grandes e a pequenos, á Biblioteca Os Rosales a gozar da experiencia da boa música en directo. No momento que Silvia Penide e Carla López entraron pola porta, a maxia chegou. As emocións foron xurdindo, a música, as palabras, as voces, as miradas, os sorrisos… Desde o principio da actuación... Continue Reading →

Recursos Bebencontros Biblioteca Fórum 2: os sentidos

Como sabedes, as nosas sesións de Bbencontros na Biblioteca Fórum están cheas de momentos nos que se suceden diferentes estímulos como os sons, a palabra, as luces, as imaxes, o silencio, favorecendo o encontro do bebé co libro, espertándolle todo un mundo de sensacións. Dentro dos recursos que empregamos habitualmente temos: Os susurradores: son tubos de cartón... Continue Reading →

“A espertar” – Bebencontro Final na Biblioteca Fórum

O vindeiro 27 de maio na Biblioteca Fórum celebramos o Bebencontro Final cos bebés de 0 a 24 meses. Este ano Estíbaliz Veiga e Erica González coa peza"A espertar" farán que os bebés desfruten sendo estimulados a través da música, da pantomima e a doce palabra. Emocións, cores, baile, cantos de berce... minutos inesquecibles para compartir... Continue Reading →

CantoConto!: “Non hai maneira”

Na 11ª sesión de CantoConto!: "Non hai maneira", adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto! Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro...... Continue Reading →

Festa final “Contos do chupete” con Migallas Teatro na Biblioteca Infantil

Como facer que adultos e pequechos queiran máis contos, máis festa e máis biblioteca? Pois con música, con risas e moitos moitos libros. Todo iso foi posible co grupo Migallas, na festa final dos Bebencontros que a Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga) preparou para despedirse desta volta. Dende outubro disfrutamos na Bebeteca de Durán Loriga... Continue Reading →

“A Flor de Pel”, obradoiro de masaxes proximamente na Biblioteca Forum

Queremos despedir os Bebencontros da Biblioteca Forum dun xeito especial, e que mellor maneira que dun xeito moi próximo, cunha sesión de masaxes. Aprenderedes da man de Carla Console (Boga Psicólogos) o fundamental sobre esta técnica ancestral e descubriredes a importancia do sentido do tacto na relación co voso bebé. Neste obradoiro atoparedes recursos e... Continue Reading →

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: