Somos amarelos na Biblio do Forum (13-24 meses)

O pasado sábado, unha vez máis, desfutamos dos Bebencontros na Biblioteca do Forum Metropolitano. Contamos coa presenza de Andrés, Gael, Iago, Lois, Miguel, Noa e as súas familias, aos que agradecemos a súa implicación e motivación nesta sesión. Tanto na sesión do sábado como neste post, queremos resaltar a importancia do oído e da súa... Seguir lendo →

A cantar na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro 17 de xaneiro, de 0-12 meses

Se chove, que chova! como di o anuncio,  xa que na Biblioteca Infantil pasamos a tarde do sábado quentiños cantando e lendo contos. Xa sabemos o importante que son ás cancións para o desenvolvemento dos máis pequenos,  estimula a intelixencia emocional, desperta emocións e sentimentos, ademáis favorecen a atención e a concentración; nos primeiros meses... Seguir lendo →

Espantamos a friaxe cun pouco de movemento!

Que o frío nos fai aterecer? Nós facemos que non o sentimos. Que os pes parecen témpanos de xeo? Nós saltamos ata o teito. Que as manciñas teñen os dedos agochados? Nós abrímolas, estirámolas e aplaudimos ata telas ben quentiñas! O sábado pasado, no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil, fomos escorrentando a friaxe do corpo,... Seguir lendo →

E o señor Coc abriunos as portas na Biblioteca Infantil

Da man do Señor Coc comezamos o sábado pasado, 25 de outubro, unha nova andanza dos Bebencontros na Biblioteca municipal Infantil e Xuvenil. Con Martín, Ricardo, Noa, Miguel Anxo, Lía, Pablo, Simón, Vera e Nuno entramos na casa do señor Coc, descubrimos cada unha das súas estancias e o que nelas fai tódolos días. Todos xuntos... Seguir lendo →

Somos multicores

O sábado pasado demos comezo os Bebencontros de 1-2 anos da Biblioteca Forum Metropolitano. Durante a a sesión “Somos Multicores”, Daniela, Martina, Mateo, Pablo A., Pablo L. e Pedro foron os protagonistas xunto aos contos, cancións, poesías e historias, conseguindo que desfrutásemos moito con todos eles. Hoxe ímosvos falar das estimulacións sensoriais, concretamente da estimulación... Seguir lendo →

Despedida dos Bebencontros deste ano na Biblioteca Infantil e Xuvenil

O pasado xoves 22 de maio demos por finalizada a tempada de bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Para unha tarde tan especial, xuntamos a nenos e nenas coas súas familias para disfrutar dos contos, a música e as cores. Leo, Pablo, Iván, Nicolás, Miguel, Emma, Sabela, Sofía, Nico, Pablo e Román puideron gozar da... Seguir lendo →

Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: A que sabe a lúa?

Nesta tardiña de primaveira na Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas gozamos dunha divertida tarde rodeados de animais, cancións, descubrimentos...   Nicolás, Manu, Pablo, Greta, Nico, Román e Dani, xunto coas súas familias descubriron os animais máis divertidos da granxa do noso amigo o Señor Coc, de  Jo... Seguir lendo →

Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil: ¿Un gato?

Un tarde máis na  Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil gozamos dun bebencontro cheo de diversión, sorepresas, cancións, rimas... Pablo, Antón, Mariña, Nicolás, Emma, Adela, Nico, Iván, Leo e Claudia e as súas familias compartiron connosco unha tarde de descubrimentos, xa que coñecimos o gato Mitifú, que tiña unha orella xoguetona e que facía que se convertese en moitos animais diferentes, esto puidémolo ver no conto de "¿Un gato?"... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: