Ademais da narración oral e a narración con apoio do libro, existen outras técnicas para contar. As historias poden ser narradas de infinitas maneiras. Elixir a maneira de contar depende das ganas de variar e experimentar que teñamos. Hoxe presentámosvos unha receita moi fácil de facer. Utilizar as MANS e os DEDOS para xogar e... Seguir lendo →
Como maridar confinamento con bebés e teletraballo
O tempo de confinamento na casa por causa da pandemia do coronavirus alongarase, como mínimo, quince días máis. Se mesturamos un pouco de humor, organización de rutinas e moita dose de paciencia, todo sairá ben! Manter a calma para favorecer un ambiente o máis tranquilo posible no seo familiar é fundamental, do mesmo xeito que... Seguir lendo →
No día Día Internacional do Libro Infantil 2020 convén lembrar…
Dende que decretaron o Estado de Alarma e nos vimos coas crianzas na casa, o que máis ou o que menos recibiu indicacións da escola, do Ministerio, das editoriais, dos escritores, dos ilustradores, dos artistas, dos mediadores, dos artistas e das bibliotecarias de cómo fomentar a lectura e crear hábito lector na familia. Pois ben,... Seguir lendo →
CantoConto!: Lembranzas
Estes días, que non podemos estar na biblioteca, as bibliotecarias de CantoConto! estrañamos moito ás nosas familias cantocontistas. Pensamos que era un bo momento para botar man da memoria e lembrar algún conto de sesións pasadas de CantoConto! Que vos parece se facemos unha sesión virtual chea de lembranzas? Imos aló! Antes de nada, pedirvos... Seguir lendo →
Contos no Samaín
Durante estos días son moitas as familias que se achegan á biblioteca na procura de contos para celebrar o Samaín, polo que pensamos que vos podería interesar esta pequena selección con algúns dos nosos favoritos. Comezamos coñecendo un pouco da tradición galega con O noso Samaín de Loretta Birott Bermejo con ilustracións de Nuria Valdeón... Seguir lendo →
O pranto
O pranto é a primeira forma de comunicación do bebé, con el expresa as súas emocións e comunica as súas necesidades ou o seu malestar: fame, soño, medo, tristeza, tensión, dor ou molestias. Todos os seus sentimentos e sensacións negativas váinolas comunicar mediante o pranto e os berros. Aínda que o pranto ten un patrón... Seguir lendo →
BbLinguas: aprendizaxe sen fronteiras
«Se falas cunha persoa nun idioma que comprenda, chegas á súa cabeza. Se falas con ela no seu idioma, chegas ao seu corazón» Nelson Mandela Os bebés comprenden o que sucede no seu entorno antes de poder falar. A súa capacidade de adquirir coñecementos é prodixiosa, desde os primeiros meses de vida apreciamos como a... Seguir lendo →
CantoConto!: “Érase unha vez… un bosque”.
E pasiño a pasiño chegamos a última sesión de CantoConto! deste curso; antes, por suposto, da gran festa final que se celebrará en breve nas catro bibliotecas: Fórum (18 de maio), Sagrada Familia (23 de maio), Monte Alto (24 de maio) e Castrillón (25 de maio). En breve teredes máis información, estade moi atentos. Nesta... Seguir lendo →
“A espertar” – Bebencontro Final na Biblioteca Fórum
O vindeiro 27 de maio na Biblioteca Fórum celebramos o Bebencontro Final cos bebés de 0 a 24 meses. Este ano Estíbaliz Veiga e Erica González coa peza"A espertar" farán que os bebés desfruten sendo estimulados a través da música, da pantomima e a doce palabra. Emocións, cores, baile, cantos de berce... minutos inesquecibles para compartir... Seguir lendo →
CantoConto!: “Non hai maneira”
Na 11ª sesión de CantoConto!: "Non hai maneira", adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto! Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro...... Seguir lendo →