#AsBibliotecariasContan desde a casa!

Hai unha semana lanzabamos desde as Bibliotecas Municipais da Coruña a proposta #AsBibliotecariasContan, unha iniciativa que nace en tempos de confinamento por mor do covid-19 para achegar ás máis pequenas e pequenos da casa historias, de pantalla a pantalla. De luns a venres, ás 18.00 horas na nosas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram)… As  bibliotecarias... Seguir lendo →

CantoConto!: Lembranzas

Estes días, que non podemos estar na biblioteca, as bibliotecarias de CantoConto! estrañamos moito ás nosas familias cantocontistas. Pensamos que era un bo momento para botar man da memoria e lembrar algún conto de sesións pasadas de CantoConto! Que vos parece se facemos unha sesión virtual chea de lembranzas? Imos aló! Antes de nada, pedirvos... Seguir lendo →

Os favoritos de… para xente miúda de 3 a 7 anos

Este 2019 estamos de estrea e comezamos cun novo programa de animación á lectura para nenos e nenas entre 3 e 7 anos "Os favoritos de..." onde un convidado moi especial compartirá coas familias os seus contos e historias favoritas. Sete serán os artistas que visitarán as bibliotecas, de febreiro a maio: Raquel Queizás, Soledad Felloza, Pakolas, Pablo... Seguir lendo →

“Contos do chupete” con Migallas Teatro.

O próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas, teremos unha celebración moi especial na de Monte Alto: recibiremos a Migallas Teatro nun encontro para familias con nenos e nenas de 2 e 3 anos. Con eles cantaremos, bailaremos e escoitaremos unhas historias fantásticas. Deixádevos contaxiar pola alegría de Migallas e reservade a vosa praza na... Seguir lendo →

CantoConto!: Festa final con Migallas Teatro.

Queridísimas familias, moi ao noso pesar tivemos que dicir adeus a CantoConto! Iso si, só durante uns meses: en outubro volveremos vernos para seguir contando contos e cantando moitas cancións. Pero, para despedirnos ao grande deste curso, quixemos contar cuns amigos moi divertidos que sabiamos que vos ían a namorar: nada menos que Migallas Teatro. Para os... Seguir lendo →

Nova sesión de CantoConto: “Pero ti qué pensas!”

Nova sesión de CantoConto! nas bibliotecas municipais. Nesta ocasión tocamos un tema tan importante como delicado: as diferenzas entre as persoas, a riqueza que iso implica para a sociedade, pero os problemas que pode sufrir quen o viva coma un obstáculo. As bibliotecarias quixemos facer unha declaración de intencións e declarámonos tan diferentes, particulares e... Seguir lendo →

Os Nosos Contos: contacontos para nenos de 2 a 6 anos

Si teu peque está a puntiño ou xa superou os 24 meses, idade máxima destinada para os nosos bebencontros, Bibliotecas Municipais de A Coruña conta con actividades de continuidade para pequenos lectores. A Biblioteca Municipal do Forum Metropolitano  dende fai máis 9 anos desenvolve o programa de animación lectora Os Nosos Contos destinado a nenas e nenos de... Seguir lendo →

Os contos de Romaric: contacontos en inglés para nenos de 3 a 7 anos

Hoxe compartimos unha proposta de actividade para nenos entre 3 e 7 anos que terá lugar o vindeiro Martes 10 de decembro ás 18.30 h. na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil : "Os contos de Romaric" un contacontos en inglés onde os nenos maiores de 3 anos poderán aprender un pouquiño de inglés dunha forma divertida con... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: