Ademais da narración oral e a narración con apoio do libro, existen outras técnicas para contar. As historias poden ser narradas de infinitas maneiras. Elixir a maneira de contar depende das ganas de variar e experimentar que teñamos. Hoxe presentámosvos unha receita moi fácil de facer. Utilizar as MANS e os DEDOS para xogar e... Seguir lendo →
Linguaxe e bebé
A linguaxe é definida como un sistema de símbolos aprendidos que conteñen un significado social e lle dan a habilidade a unha persoa de clasificar as súas experiencias. O proceso de adquisición da linguaxe establécese desde o nacemento. Nas primeiras semanas os bebés xa poden diferenciar os contrastes entre fonemas como /pa/ e /ba/.... Seguir lendo →
Mellor sen pantallas
Imaxes coma esta son habituais nos nosos fogares, bebés de menos de dous anos que pasan o tempo diante dunha pantalla antes que brincar cos seus xoguetes. Pediatras, psicólogos, organizacións sanitarias… advirten do perigo que supón para as nosas e os nosos bebés usar as pantallas: A Academia Americana de Pediatría (AAP) advertía as nais... Seguir lendo →
Contos no Samaín
Durante estos días son moitas as familias que se achegan á biblioteca na procura de contos para celebrar o Samaín, polo que pensamos que vos podería interesar esta pequena selección con algúns dos nosos favoritos. Comezamos coñecendo un pouco da tradición galega con O noso Samaín de Loretta Birott Bermejo con ilustracións de Nuria Valdeón... Seguir lendo →
Recursos Bebencontros Biblioteca Fórum 2: os sentidos
Como sabedes, as nosas sesións de Bbencontros na Biblioteca Fórum están cheas de momentos nos que se suceden diferentes estímulos como os sons, a palabra, as luces, as imaxes, o silencio, favorecendo o encontro do bebé co libro, espertándolle todo un mundo de sensacións. Dentro dos recursos que empregamos habitualmente temos: Os susurradores: son tubos de cartón... Seguir lendo →
O pranto
O pranto é a primeira forma de comunicación do bebé, con el expresa as súas emocións e comunica as súas necesidades ou o seu malestar: fame, soño, medo, tristeza, tensión, dor ou molestias. Todos os seus sentimentos e sensacións negativas váinolas comunicar mediante o pranto e os berros. Aínda que o pranto ten un patrón... Seguir lendo →
Mans arriba… crab revolution!
Ás veces tes sentimentos de tristeza? Dás brincos de felicidade? Que ocorre cando notas como os teus ollos se enchen de bágoas pero non estás enfadado/a? Repartes bicos a moreas ou pola contra sentes medo?... Deixando atrás as fresquiñas sandías e os doces xeados (xa degustados polos nosos usuarios e usuarias), achegámosvos unha nova proposta estival baseada... Seguir lendo →
“A espertar” – Bebencontro Final na Biblioteca Fórum
O vindeiro 27 de maio na Biblioteca Fórum celebramos o Bebencontro Final cos bebés de 0 a 24 meses. Este ano Estíbaliz Veiga e Erica González coa peza"A espertar" farán que os bebés desfruten sendo estimulados a través da música, da pantomima e a doce palabra. Emocións, cores, baile, cantos de berce... minutos inesquecibles para compartir... Seguir lendo →
CantoConto!: “Non hai maneira”
Na 11ª sesión de CantoConto!: "Non hai maneira", adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto! Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro...... Seguir lendo →
O ritmo da poesía
No noso post anterior “A música impacta no cerebro do bebé” expoñiamos que diversos estudos afirmaban que a música “activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro”. Pois ben, tamén son moitos psicólogos, pedagogos e musicólogos que nos falan da musicalidade da linguaxe; Perret, Malloch e Trevarthen, apoian e explican como a linguaxe e... Seguir lendo →