CantoConto!: Lembranzas

Estes días, que non podemos estar na biblioteca, as bibliotecarias de CantoConto! estrañamos moito ás nosas familias cantocontistas. Pensamos que era un bo momento para botar man da memoria e lembrar algún conto de sesións pasadas de CantoConto! Que vos parece se facemos unha sesión virtual chea de lembranzas? Imos aló! Antes de nada, pedirvos... Seguir lendo →

CantoConto!: comezamos novo curso.

Ola, familias CantoConteiras! Comeza o novo curso e xa estamos de volta, desexando compartir convosco lecturas e cancións. Despois de dar a benvida ás novas amizades que chegan as nosas bibliotecas, comezamos a sesión co noso amigo Pablo Díaz e a súa exitosa canción "Imos contar un conto". A continuación démoslles a todas as familias unha... Seguir lendo →

CantoConto! Parabéns!

Con motivo da celebración do aniversario dunha das nosas bibliotecarias, aproveitamos esta sesión para felicitar todos os aniversarios do ano, tanto das nenas e nenos como de seus pais e nais, avós e avoas... pero, ao estilo CantoConto!, con cancións e contos. Descubrimos que a nosa compañeira estaba de aniversario, como non, a través do... Seguir lendo →

CantoConto!:Xogamos

  En CantoConto! estamos moi emocionados polas datas nas que nos atopamos; durante estes días preparamos a chegada do Nadal, e con el as vacacións e o tempo  para estar en familia. Alégranos poder aproveitar este tempo de lecer para descansar, ler, escoitar música, xogar... Falamos dos nosos xogos e xoguetes favoritos,  escoitamos atentamente o... Seguir lendo →

CantoConto!: “Con ton e son”

En CantoConto! somos unhas apaixoadas dos contos, pero tamén da música, por iso quixemos celebrar con vós o día de Santa Icía, a patrona da Música e da Poesía. Nesta sesión non faltaron contos, música, baile e instrumentos musicais! "Levantamos o telón" co conto "Violín" de Antonio Rubio e o ilustrador galego Óscar Villán, cos que coñecimos o... Seguir lendo →

CantoConto!: “Trasnadas”

Estos días en CantoConto! portámonos un pouquiño mal: fomos algo remexedoras e falcatrueiras, gastando bromas e sen facer caso á compañeira. Vamos, que estabamos de "non". Igualiño que o protagonista do primeiro conto da tarde: "¡Más te vale, mastodonte!", de Micaela Chirif e ilustrado por Issa Watanabe. Unha historia moi divertida sobre unha mascota moi peculiar... Seguir lendo →

“Festa Final” en CantoConto!

Cantos sentimentos opostos tivemos estos días! Tristura porque remata CantoConto! ata despois do verán; alegría porque tiñamos o noso amigo Pablo Díaz nas bibliotecas para facer unha festa ben fermosa; ledicia de ver a tantos nenos e maiores gozar cos contos e as cancións de Pablo; mágoa porque é moi fermoso ver a biblioteca tan... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: