“Os libros sen páxinas”: ditos, recitados, xogos corporais, rimas…

As nosas bebetecas están repletas de libros de cartón duro e esquinas redondeadas, libros de tea, libros con diferentes texturas, en branco e negro, etc. Os máis pequenos poden manipulalos, pasar follas, lanzar ou levalos á boca para saborear en compañía da súa familia. Nestes momentos, non podemos acudir ás bibliotecas pero para ler aos... Seguir lendo →

“Contos do chupete” con Migallas Teatro.

O próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas, teremos unha celebración moi especial na de Monte Alto: recibiremos a Migallas Teatro nun encontro para familias con nenos e nenas de 2 e 3 anos. Con eles cantaremos, bailaremos e escoitaremos unhas historias fantásticas. Deixádevos contaxiar pola alegría de Migallas e reservade a vosa praza na... Seguir lendo →

A música ocupa un lugar destacado nas bibliotecas

Hai uns días convidabámosvos, a grandes e a pequenos, á Biblioteca Os Rosales a gozar da experiencia da boa música en directo. No momento que Silvia Penide e Carla López entraron pola porta, a maxia chegou. As emocións foron xurdindo, a música, as palabras, as voces, as miradas, os sorrisos… Desde o principio da actuación... Seguir lendo →

Silvia Penide e Carla López. Bbencontro Os Rosales 26 de maio.

As familias participantes con nenos e meniñas ata os 3 anos gozarán a música ó vivo dá man cantante Silvia Penide e a musicoterapeuta Carla López. Vivir os primeiros concertos cos teus fillos, sobriños ou netos é sempre divertido, á vez que grandes e pequenos gozarán por igual da experiencia da boa música en directo.... Seguir lendo →

Recursos Bebencontros Biblioteca Fórum 2: os sentidos

Como sabedes, as nosas sesións de Bbencontros na Biblioteca Fórum están cheas de momentos nos que se suceden diferentes estímulos como os sons, a palabra, as luces, as imaxes, o silencio, favorecendo o encontro do bebé co libro, espertándolle todo un mundo de sensacións. Dentro dos recursos que empregamos habitualmente temos: Os susurradores: son tubos de cartón... Seguir lendo →

O pranto

O pranto é a primeira forma de comunicación do bebé, con el expresa as súas emocións e comunica as súas necesidades ou o seu malestar: fame, soño, medo, tristeza, tensión, dor ou molestias. Todos os seus sentimentos e sensacións negativas váinolas comunicar mediante o pranto e os berros. Aínda que o pranto ten un patrón... Seguir lendo →

CantoConto!: “Non hai maneira”

Na 11ª sesión de CantoConto!: "Non hai maneira", adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto! Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro...... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: