Bebencontros de maio na Bebeteca Forum

Nestas dúas últimas sesións os contos e as cancións foron os protagonistas da Bebeteca Forum: “La ratita presumida”, ilustrada por Chantal Vizcaíno, onde relatamos este clásico da literatura xogando con máscaras. “Un caracol?” e “ Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, que nos permite crear as nosas historias, adaptar cancións e ... Seguir lendo →

“Qué susto!”, en CantoConto!

"Qué susto!" foi unha das sesións máis divertidas das que gozamos en CantoConto! Lemos, cantamos e pasámolo xenial. Seguide lendo para saber máis. Pero non teñades medo, porque os sustos que levamos foron moi divertidos! Cantamos a canción de Pablo Díaz "Imos contar un conto". Sempre veñen cativos novos que deseguido aprenden a letra e os... Seguir lendo →

O ruído branco

Nestas dúas sesións os nosos contos protagonistas foron: “Adivina cuánto te quiero”, escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram, é un dos contos máis amorosos, onde  dar medida ao amor convértese nun xogo de expresión de sentimentos. “¿Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, permítenos crear a nosa historia, adaptar cancións, ... Seguir lendo →

Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: 1, 2, 3, movendo o meu corpo da cabeza aos pés

Coma sempre os nosos encontros tentan darvos ideas para que a través da lectura, o xogo e a música fomentar o desenvolvemento dos máis pequenos. Nesta ocasión adicamos as sesións para traballar as partes do corpo a través da psicomotricidade e así, entre outras cousas, favorecer o proceso de desenvolvemento da identidade, xa que entre o... Seguir lendo →

Cos avós en CantoConto!

  Un conto sempre e unha boa idea para disfrutar do tempo en familia e como se achega o Nadal pensamos en adicarlle esta sesión aos avós xa que eles sempre nos coidan , nos miman e nos contan fermosas historias coas que disfrutamos de maneira especial, pero nesta ocasión son eles os protagonistas . Falamos da importancia... Seguir lendo →

Hola, doutor! en CantoConto!

Esta semana, coa chegada do frío e as primeiras choivas, algunhas bibliotecarias caeron enfermas dun grave constipado. Pero o peor do asunto era o medo terrible que tiñan de ir ao médico! Menos mal que algunhas compañeiras, moi solidarias, atoparon a solución: buscar na biblioteca os mellores contos para acabar con ese medo. Coa súa axuda e... Seguir lendo →

Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Forum

Érase unha vez... Unha ratiña moi presumida… deste modo comezamos o pasado 17 de outubro os Bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Da man deste conto clásico ilustrado por Chantal Vizcaino e doutras historias. Despertamos a curiosidade dos bebés musicando o conto: Un caracol? de Guido Van Genechten, no que ao ir despregando, o caracol da... Seguir lendo →

A música envolveunos na Festa final dos Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil

O sábado pasado, 16 de maio, previo ao noso Día das Letras Galegas, quixemos despedir os Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil como se merecen, con contos, con música e moito cariño. Porque pensamos que libros, música e cariño é unha das mellores combinacións para que as familias leven un bo recordo de tódolos momentos... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: