“Non, non e non” en CantoConto!

Estos días as bibliotecarias andamos algo tristes: empezamos a contar cántas sesións de CantoConto quedan para rematar o curso, e démonos conta de que son moi poucas! Isto provocounos un gran desgusto, como poderedes imaxinar. Menos mal que as compañeiras conseguiron animarnos lembrando que, despois do verán, volveremos; e ademais quedan moitas sorpresas antes de que acabe o... Continue Reading →

“Qué susto!”, en CantoConto!

"Qué susto!" foi unha das sesións máis divertidas das que gozamos en CantoConto! Lemos, cantamos e pasámolo xenial. Seguide lendo para saber máis. Pero non teñades medo, porque os sustos que levamos foron moi divertidos! Cantamos a canción de Pablo Díaz "Imos contar un conto". Sempre veñen cativos novos que deseguido aprenden a letra e os... Continue Reading →

“Libro de familia” en CantoConto!

Nas bibliotecas municipáis estamos moi felices coa pequena familia que se está a formar nas sesións de CantoConto! Así que, para facerlles unha homenaxe como se merecen, decidimos dedicarlles unha tarde as familias: familias nas bibliotecas, familias nas escolas e familias no fogar; todas elas moi importantes para o desenvolvemento afectivo dos cativos. Para comezar ben a tarde,... Continue Reading →

CantoConto!: “Quérote Moito!”

Qué sesión tan chea de amor e tenrura gozamos esta semana! Amor entre amigos, amor de familia, amor de parella... Nenos e maiores divertíronse cos contos que escollimos as bibliotecarias para eles. E nós divertímonos moito contándoos! Para empezar con bo pé, o noso amigo Pablo Díaz inaugura a tarde con "Imos contar un conto", unha exitosa canción que... Continue Reading →

Voute papar! en CantoConto!

Esta semana, en CantoConto!, pasamos moita fame. E que só a nós ocórresenos pasar toda a tarde falando de comida, sabendo que na biblioteca non se pode comer. Pero cos contos tan fermosos que temos sobre alimentos de todo tipo queríamos dedicar unha sesión a mostrárvolos. Quen ía dicir que había ata cancións sobre comida! Pero, primeiro... Continue Reading →

Hola, doutor! en CantoConto!

Esta semana, coa chegada do frío e as primeiras choivas, algunhas bibliotecarias caeron enfermas dun grave constipado. Pero o peor do asunto era o medo terrible que tiñan de ir ao médico! Menos mal que algunhas compañeiras, moi solidarias, atoparon a solución: buscar na biblioteca os mellores contos para acabar con ese medo. Coa súa axuda e... Continue Reading →

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: