Masaxe para bebés na sesión final dos Bebencontros do Forum

Rematamos os Bebencontros na Biblioteca Forum desta tempada, non nos queremos despedir sen antes agradecer a todas as familias, ás que puideron e ás que non puideron asistir, agradecer a vosa confianza e participación. Nesta última sesión abordamos o tema da masaxe infantil. Contamos coa experiencia de Carla Console para realizar esta derradeira sesión da tempada.... Seguir lendo →

Festa final “Contos do chupete” con Migallas Teatro na Biblioteca Infantil

Como facer que adultos e pequechos queiran máis contos, máis festa e máis biblioteca? Pois con música, con risas e moitos moitos libros. Todo iso foi posible co grupo Migallas, na festa final dos Bebencontros que a Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga) preparou para despedirse desta volta. Dende outubro disfrutamos na Bebeteca de Durán Loriga... Seguir lendo →

Acumula que sempre tes

Repetición, recoñecemento verba-imaxe, afianzar conceptos, seguridade... un conto repetitivo ou un conto acumulativo dá todo esto. Na sesión de bebeteca dos "máis maiores" na Biblioteca Infantil e Xuvenil adicámonos a descubrir a qué lle sabía á Lúa aos animáis co libro A que sabe a lúa? de MICHAEL GREJNIEC e cal era a nosa mascota con  Veo... Seguir lendo →

¿Como llo explico?

¿Separádesvos pola miña culpa? ¿Que pasa cando un morre? ¿Como chegan os bebés á barriga? ¿Os meus papás de verdade non me querían? ¿Por que me sinto triste? Os nenos e nenas son conscientes de máis cousas das que cremos, e a súa curiosidade asemella non ter fin. Ás veces, falar de certos temas con eles require... Seguir lendo →

Ratos de cores

O pasado sábado tivemos unha sesión de Bbencontro moi especial na Biblioteca do Ágora, chea de rimas, cores, números e... ratos! Comezamos practicando a sonoridade co conto acumulativo "El cumpleaños del ratón", de Antonio Santos, onde ademais coñecimos a unha chea de animais diferentes. E como a sesión ía de ratos... continuamos co conto "Cores",... Seguir lendo →

Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: 1, 2, 3, movendo o meu corpo da cabeza aos pés

Coma sempre os nosos encontros tentan darvos ideas para que a través da lectura, o xogo e a música fomentar o desenvolvemento dos máis pequenos. Nesta ocasión adicamos as sesións para traballar as partes do corpo a través da psicomotricidade e así, entre outras cousas, favorecer o proceso de desenvolvemento da identidade, xa que entre o... Seguir lendo →

Crocodilos ximnastas.

Jo Lodge é unha autora e ilustradora de sobra coñecida nas bebetecas de Coruña. Quizais polo nome non a lembrades, mais é a  creadora dun crocodrilo que nos ten visitado en numerosas ocasións... O Señor Coc é unha das personaxes pioneras das sesións de Bebeteca das Bibliotecas Municipais. De primeiras coñecimos a súa casa, máis... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: