Os previos tamén son importantes

No 2017, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil quixemos darlle un espazo tamén ós que agardan a chegada dun novo membro á familia. Presentámosvos os Pre-lotes (para futuras familias). E que son? Son  lotes ideados coa finalidade de axudar, sacar medos e divertir ás futuras mamás e papás. Neles atoparedes libros sobre o embarazo, adicados ao... Seguir lendo →

Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil

Un ano máis, na Biblioteca Infantil e Xuvenil invitamos aos máis pequechos a pasar as tardes de sábado entre libros, os seus protagonistas e cancións que acompañan. Coma sempre intentamos que os futuros novos lectores pasen uns momentos agradables e divertidos na biblioteca, onde, a través da estimulación temperá e nutrindo a súa contorna, axudamos ao desenvolvemento... Seguir lendo →

O Entroido chegou á Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro do 14 de febreiro: 0-12 meses

O sábado pasado puidemos gozar dunha nova sesión dos Bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil xunto con Valeria González, Daniel, Jacobo, Lucas, Valeria Lema, Bárbara, Miguel e Claudia. Aproveitando as datas, desta volta invitamos ó Señor Coc a que nos presentase as súas propostas para o Entroido, coloridas, moi coloridas, e descubrimos cos textos e as... Seguir lendo →

Lotes de Recursos de Lectura na Biblioteca Ágora

A cousa vai de lotes, e nunca mellor dito, xa que ás coñecidas mochilas viaxeiras/bebelotes que temos á vosa disposición nun amplo número de Bibliotecas Municipais, sumaranse a partires  do próximo luns 20, un total de cinco bolsas de contido específico,  nas que atoparedes unha selección de documentos relacionados coa experiencia lectora de profesionais, familias, educadores, etc.... Seguir lendo →

Xa están aquí os Bblotes da Infantil!

Na Biblioteca Infantil e Xuvenil xa contamos con novos Bblotes, unha selección pensada e renovada para vós. Contamos con lotes axeitados ás diferentes idades:   Podedes atopar todo tipo de documentos: libros para os máis pequenos, para compartir en familia, material audiovisual para bailar e soñar... E tamén libros dirixidos aos pais, para orientalos nas posibles... Seguir lendo →

Cadernos de vai e vén…ou de cómo os Bblotes aterraron en Ágora

Mira que mira mirando, atopei unhas mochilas moi estranas, unhas eran verdes, outras azuis, vermellas e laranxas, eran semellantes a un… Este luns quince de xullo comezamos na Biblioteca Ágora co préstamo dos Bblotes, que por se cómpre lembralo, trátase do préstamo temporal dunha mochila de materiais de lectura de diferentes temáticas, soportes e xéneros para... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: