O ruído branco

Nestas dúas sesións os nosos contos protagonistas foron: “Adivina cuánto te quiero”, escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram, é un dos contos máis amorosos, onde  dar medida ao amor convértese nun xogo de expresión de sentimentos. “¿Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, permítenos crear a nosa historia, adaptar cancións, ... Seguir lendo →

O son e o silencio

  Os elementos da formación auditiva son o son e o silencio, que forman parte da educación dos sentidos. Debemos axudar aos nenos para descubrir estes elementos e experimentar con eles. Nestas sesións de bebeteca traballamos estes dous conceptos a través dos contos (Tierra a la vista, señor Coc! de Jo Lodge; Unha ra? de... Seguir lendo →

Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: 1, 2, 3, movendo o meu corpo da cabeza aos pés

Coma sempre os nosos encontros tentan darvos ideas para que a través da lectura, o xogo e a música fomentar o desenvolvemento dos máis pequenos. Nesta ocasión adicamos as sesións para traballar as partes do corpo a través da psicomotricidade e así, entre outras cousas, favorecer o proceso de desenvolvemento da identidade, xa que entre o... Seguir lendo →

BEBESCENA: AZUL non é só unha cor

“Azul é teatro, azul é música, azul é maxia, azul é imaxinación, azul é movemento, azul é linguaxe… Voilá! AZUL é outra forma de estimulación temperá creativa, motivadora e diferente” Así é como define Teloncillo, compañía teatral encargada de clausurar o programa BEBESCENA deste 2015, a obra que se representará o próximo domingo 13 de decembro... Seguir lendo →

Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Forum

Érase unha vez... Unha ratiña moi presumida… deste modo comezamos o pasado 17 de outubro os Bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Da man deste conto clásico ilustrado por Chantal Vizcaino e doutras historias. Despertamos a curiosidade dos bebés musicando o conto: Un caracol? de Guido Van Genechten, no que ao ir despregando, o caracol da... Seguir lendo →

BEBESCENA + EXPRESIÓN CORPORAL

Apetécevos xogar nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións? Ou voar con dous paxariños pequeniños que chían para descubrir o mundo a través das cancións? Imaxinádesvos viaxando nun sofá-tren ou nunha alfombra-espello? Non hai moito que compartimos neste blog a apertura do programa BEBESCENA: unha achega “miúda” ás Artes... Seguir lendo →

Abraiate con Bebescena.

Por terceiro ano consecutivo, o centro Ágora énchese de estímulos para xs máis cativxs. A programación de Bebescena volve a convidar a todas as familias a participar dunha programación ideada para xs  peques de 1 a 3 anos mais que inclúe a toda a familia. Dende este domingo 27 con Berços de electrónica e ate Decembro,... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: