Somos amarelos na Biblio do Forum (13-24 meses)

O pasado sábado, unha vez máis, desfutamos dos Bebencontros na Biblioteca do Forum Metropolitano. Contamos coa presenza de Andrés, Gael, Iago, Lois, Miguel, Noa e as súas familias, aos que agradecemos a súa implicación e motivación nesta sesión. Tanto na sesión do sábado como neste post, queremos resaltar a importancia do oído e da súa... Seguir lendo →

Visita de Pavís Pavós á biblioteca de Monte Alto: “Palma Repalma, contos para bebés”.

Hai uns días, na biblioteca municipal de Monte Alto, gozamos da compañía de Tareixa e Xacobe, os contacontos de Pavís Pavós, os que con moito, moitísimo agarimo, foron debullando contiños, rimas, poesías e cancións. A pesar de que aquela tarde foi chuviosa, eles conseguiron facer da biblioteca un lugar cálido e seguro. Descubrimos canto lles... Seguir lendo →

Colorín, colorado

Un sábado máis e para finalizar un ano de Bebencontros na Biblioteca do Forum Metropolitano, contamos coa presenza de Carla, Inés, Sofía, Vera e Víctor xunto aos seus pais. Queremos agradecerlles que compartiran con nós unha tarde chea de música, poemas, contos e moitas cores, como as do arco da vella. Comezamos a sesión compartindo... Seguir lendo →

Despedida dos Bebencontros deste ano na Biblioteca Infantil e Xuvenil

O pasado xoves 22 de maio demos por finalizada a tempada de bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Para unha tarde tan especial, xuntamos a nenos e nenas coas súas familias para disfrutar dos contos, a música e as cores. Leo, Pablo, Iván, Nicolás, Miguel, Emma, Sabela, Sofía, Nico, Pablo e Román puideron gozar da... Seguir lendo →

Pertiño, pertiño, …

O sábado pasado desfrutamos doutra sesión de Bebencontro de 1-2 anos na Biblioteca Forum Metropolitano. Antes de nada, queremos agradecer a Cristina, Enzo, Inés, Lúa, Nicolás, Xoel e ás súas familias a participación e a alegría que nos transmitiron. Nesta ocasión fomos rosas e enchimos a Bebeteca desa cor recitando un poema sobre o conto... Seguir lendo →

Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: A que sabe a lúa?

Nesta tardiña de primaveira na Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas gozamos dunha divertida tarde rodeados de animais, cancións, descubrimentos...   Nicolás, Manu, Pablo, Greta, Nico, Román e Dani, xunto coas súas familias descubriron os animais máis divertidos da granxa do noso amigo o Señor Coc, de  Jo... Seguir lendo →

Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil: ¿Un gato?

Un tarde máis na  Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil gozamos dun bebencontro cheo de diversión, sorepresas, cancións, rimas... Pablo, Antón, Mariña, Nicolás, Emma, Adela, Nico, Iván, Leo e Claudia e as súas familias compartiron connosco unha tarde de descubrimentos, xa que coñecimos o gato Mitifú, que tiña unha orella xoguetona e que facía que se convertese en moitos animais diferentes, esto puidémolo ver no conto de "¿Un gato?"... Seguir lendo →

Bebencontro da Biblioteca Infantil: Disfrazando ao Señor Coc

Nesta nova sesión de bebeteca da Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil, participaron Lucas, Jorge, Román, Greta, Anabel, Sabela, Pablo, Eduardo e Santi e as súas familias e adicámonos  a disfrazar ao Señor Coc co seu libro " Los disfraces del Señor Coc" de Jo Lodge, ademáis de descubrir novos e imaxinarios animais a través dos contos "El Varvo" e... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: