Que é unha Bebeteca?
As bibliotecas non teñen límite de idade e posúen espazos diferenciados ou separados para os e as máis pequenas. Entre estes espazos atópanse as Bebetecas onde podemos atopar gran cantidade de materiais de lectura para as primeiras idades, asesoramento por parte do persoal da bliblioteca e un servizo de préstamo.
A mellor definición da palabra bebeteca, dánola Mercè Escardó i Bas e defínea así:
“Servizo de atención especial para a pequena infancia (de 0 a 6 anos) que inclúe, ademais dun espazo e dun fondo de libros escollidos para satisfacer as necesidades dos e das máis pequenas e dos seus pais e nais, o préstamo destes libros, charlas periódicas sobre o seu uso e sobre os contos, asesoramento e unha atención constante por parte dos profesionais da biblioteca cara ás persoas usuarias”.
Espazos para prelectores nas Bibliotecas Municipales da Coruña







Deixar unha resposta