Desde a Biblioteca Fórum Metropolitano queremos compartir unha serie de recursos que agardamos vos sexan de utilidade durante este outono. Comezaremos coa rima “Un baño de estrellas” de Tamara Chubarovsky que, para estes momentos en que o contacto se nos ten prohibido, pode servirnos para fortalecer os lazos afectivos mantendo a distancia de seguridade. Tamara... Seguir lendo →
Novidades de outono na Biblioteca Fórum
Xa no outono, e, inda que Beba tiña moitas ganas de comezar, imos ter que agardar uns meses para vernos de novo. A situación xerada polo Covid-19 obríganos a retrasar o comezo desta actividade por seguridade para tod@s. Agardamos que coas nosas precaucións e sentido común vaiamos poñendo freo a esta pandemia e, de novo,... Seguir lendo →
Viaxar en familia, unha fermosa experiencia
Viaxar en familia é unha experiencia que vai enriquecer tanto aos máis pequenos como aos adultos. Vai permitir fortalecer os vínculos entre pais e fillos, desenvolver a imaxinación e crear un pouso de coñecementos na memoria. Viaxar desde unha idade temperá conleva aprender a respectar aos demais, abrir a mente, practicar a tolerancia, respectar a... Seguir lendo →
Xogando coa Natureza
Despois destes meses complicados, este verán e coa nova normalidade, temos a oportunidade de gozar da natureza co noso bebé resultando unha experiencia vital para eles. A natureza coas súas diferentes cores, sons, cheiros e texturas proporciónalles cantidade de estímulos para as súas neuronas, para as súas emocións e para a súa aprendizaxe. Como sostiña... Seguir lendo →
Lotes con lecturas para ler en familia este verán.
Ola familias! Ben sabedes que este verán vai ser diferente do que nos imaxinabamos hai uns meses. Pero hai cousas que non cambian, e unha delas é o gusto pola lectura no noso tempo libre. Con todo, o acceso ás bibliotecas municipais non é todo o doado que nos gustaría, e coidamos que levar préstamo... Seguir lendo →
GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS VERÁS QUE VERÁN
Case sen darnos conta chegou de novo o verán, unha das épocas favoritas de moita xente: o sol, os días longos, o cheiro a mar, a bosque, as sardiñas, o churrasco, a música dos festivais e as verbenas… Moitos plans por cumprir e moitos días por diante para realizalos. Sen dúbida, e máis que nunca,... Seguir lendo →
Despedimos a temporada dos Bbencontros en moi boa compañía
Como todos os anos, rematamos o programa de Bebencontros cunha actividade especial para tod@s vós. Nesta ocasión, convidamos o pasado sábado 20 de xuño a Raquel Penín coa participación de Tamara Chubarovsky a falarnos de “Psicoloxía evolutiva, aprendizaxe e ritmo. Rimas con movemento”. Tamara Chubarovsky define as Rimas con movemento® como simples e efectivas, como... Seguir lendo →
#AsBibliotecariasContan No Verán
#AsBibliotecariasContan foi unha iniciativa que xurdiu en tempos de confinamento para achegarvos os contos á vosa casa. Foron moitas as historias coas que cada tarde, as bibliotecarias e bibliotecarios amenizaron ós máis pequenos e pequenas, a través das nosas redes sociais. Dende que lanzabamos esta proposta alá por marzo, pasaron varios meses e non podíamos... Seguir lendo →
Festa de CantoConto!
Benvidos á festa fin de curso de CantoConto!. Este ano, como non podemos celebralo con vós en persoa, será unha festa virtual!! Así que ide buscando sitio en primeira fila e poñédevos cómodos que imos comezar. A Pitiña Mariña pasou o confinamento co seu amigo Dalilo, e ata celebraron xuntos o Día do Libro e... Seguir lendo →
Bebencontros na B. Ágora: foi un pracer recibirvos!
Os Bebencontros da Biblioteca Ágora chegan á súa fin por este curso. Hoxe pechámolo facendo con vós un repaso de todo o que vivimos xuntos. Lembrades que ben o pasamos? Dende outubro ata febreiro visitaron a nosa Biblio unha chea de familias, contos, personaxes... E tamén tivemos moitas moooitas sorpresas! Velaquí tedes unha mostra: https://youtu.be/PFKN4TVmr6o... Seguir lendo →