Carlos Gónzalez no festival de Núbebes

O sábado 24 setembro no Teatro Principal,  ás 17.00h e o domingo 25 setembro  no Pazo da Cultura,  ás 11.00h, vai estar no festival Núbebes, que se celebra en Pontevedra, o pediatra Carlos González. As charlas están dirixidas ao público xeral. Para acudir tan só precisaredes recoller o voso convite (se vos acompaña un bebé tamén o precisa)... Seguir lendo →

BEBESCENA: AZUL non é só unha cor

“Azul é teatro, azul é música, azul é maxia, azul é imaxinación, azul é movemento, azul é linguaxe… Voilá! AZUL é outra forma de estimulación temperá creativa, motivadora e diferente” Así é como define Teloncillo, compañía teatral encargada de clausurar o programa BEBESCENA deste 2015, a obra que se representará o próximo domingo 13 de decembro... Seguir lendo →

Libros en directo: encontro con Jordi Sierra i Fabra no Centro Ágora

Por cuarto ano consecutivo, a Concellería de Cultura do Concello da Coruña patrocina o ciclo Libros en directo, unha serie de encontros con autores de recoñecido prestixio que ten como obxectivo principal achegar ao público coruñés as novidades editoriais máis importantes. Durante a conversa con Pedro Ramos, coordinador e presentador do ciclo, os autores invitados... Seguir lendo →

Nova actividade para raparigos de 2 e 3 anos: CantoConto!

Os cativos e cativas que o ano pasado acudian ós bbencontros crecen, por iso este ano temos un novo programa para dar continuidade a ese achegamento ao mundo dos libros e a lectura: Nace CantoConto!, unha actividade para nen@a de 2 e 3 anos. CantoConto! é un contacontos diferente, familiar, para cantar, bailar, escoitar e compartir historias que... Seguir lendo →

BEBESCENA + EXPRESIÓN CORPORAL

Apetécevos xogar nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións? Ou voar con dous paxariños pequeniños que chían para descubrir o mundo a través das cancións? Imaxinádesvos viaxando nun sofá-tren ou nunha alfombra-espello? Non hai moito que compartimos neste blog a apertura do programa BEBESCENA: unha achega “miúda” ás Artes... Seguir lendo →

Chegou o Outono!

Parece unha obviedade anunciar a chegada do Outono cando xa levamos 15 días de nova estación. Mais non é soamente o cambio de estación, senón o inicio e desenvolvemento dunha estación máxica, chea de opcións, chea de cores, de follas, de rituais... E por ese motivo, da man da pequena toupiña Mole -moi importante para... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: