“Contos do chupete” con Migallas Teatro.

O próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas, teremos unha celebración moi especial na de Monte Alto: recibiremos a Migallas Teatro nun encontro para familias con nenos e nenas de 2 e 3 anos. Con eles cantaremos, bailaremos e escoitaremos unhas historias fantásticas. Deixádevos contaxiar pola alegría de Migallas e reservade a vosa praza na... Seguir lendo →

Silvia Penide e Carla López. Bbencontro Os Rosales 26 de maio.

As familias participantes con nenos e meniñas ata os 3 anos gozarán a música ó vivo dá man cantante Silvia Penide e a musicoterapeuta Carla López. Vivir os primeiros concertos cos teus fillos, sobriños ou netos é sempre divertido, á vez que grandes e pequenos gozarán por igual da experiencia da boa música en directo.... Seguir lendo →

Recursos Bebencontros Biblioteca Fórum 2: os sentidos

Como sabedes, as nosas sesións de Bbencontros na Biblioteca Fórum están cheas de momentos nos que se suceden diferentes estímulos como os sons, a palabra, as luces, as imaxes, o silencio, favorecendo o encontro do bebé co libro, espertándolle todo un mundo de sensacións. Dentro dos recursos que empregamos habitualmente temos: Os susurradores: son tubos de cartón... Seguir lendo →

Estrelas en CantoConto!

Boas de novo, familias! Como xa sabedes, o programa de animación á lectura en familia, CantoConto! diríxese a familias con nenos de 2 e 3 anos. En cada sesión cantamos e contamos historias sempre relacionadas cun tema de interese para os pequenos da casa. Na sesión das Estrelas tocaba falar de novo da noite e... Seguir lendo →

O ritmo da poesía

No noso post anterior “A música impacta no cerebro do bebé” expoñiamos que diversos estudos afirmaban que a música “activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro”. Pois ben, tamén son moitos psicólogos, pedagogos e musicólogos que nos falan da musicalidade da linguaxe; Perret, Malloch e Trevarthen,  apoian e explican como a linguaxe e... Seguir lendo →

CantoConto!: Glub, glub, glub

  Esta semana chegamos á décima sesión de CantoConto!, que titulamos "Glub, glub, glub" xa que decidimos descubrir contos, rimas, libros informativos e cancións onde os animais mariños son os protagonistas. Comenzamos escoitando a Pablo Díaz, cantando e bailando  "Imos contar un conto". A continuación falamos  dos animais mariños  e  decatámonos que ao vivir nunha cidade... Seguir lendo →

CantoConto!: Ti podes!

Estes días puidemos disfrutar da sétima sesión de CantoConto! deste curso. Nesta ocasión quixemos abordar o tema da autoestima. Por todas partes atopamos mensaxes que nos falan da súa importancia para a felicidade dos adultos, pero debemos recordar que podemos fomentala dende os primeiros anos. En CantoConto! adoitamos tocar temas sensibles da forma máis lúdica... Seguir lendo →

CantoConto!: “Con ton e son”

En CantoConto! somos unhas apaixoadas dos contos, pero tamén da música, por iso quixemos celebrar con vós o día de Santa Icía, a patrona da Música e da Poesía. Nesta sesión non faltaron contos, música, baile e instrumentos musicais! "Levantamos o telón" co conto "Violín" de Antonio Rubio e o ilustrador galego Óscar Villán, cos que coñecimos o... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: