Gústanos, defendemos, gozamos, experimentamos e compartimos a LECTURA porque LER FAI QUE… pensemos, riamos, desexemos compartir, nos sorprendamos, miremos máis aló, exploremos novos mundos, soñemos, nos emocionemos e sexamos 100 % felices! E para contribuír, aquí estamos nós: espazos cheos de contos e fantasía, de libros e realidade. Para soñar, para afastarnos da realidade e... Seguir lendo →
Mans arriba… crab revolution!
Ás veces tes sentimentos de tristeza? Dás brincos de felicidade? Que ocorre cando notas como os teus ollos se enchen de bágoas pero non estás enfadado/a? Repartes bicos a moreas ou pola contra sentes medo?... Deixando atrás as fresquiñas sandías e os doces xeados (xa degustados polos nosos usuarios e usuarias), achegámosvos unha nova proposta estival baseada... Seguir lendo →
Live · Love · Green
"O segredo é não correr atrás das borboletas... É cuidar do jardim para que elas venham até você” Mário Quintana E co desexo de que esas bolboretas cheguen até ao noso xardín plantexamos: MUNDO VIVO... PASAPORTE Á NATUREZA! Mundo vivo é unha escolma de contos infantís que ten por obxectivo espertar o interese pola natureza... Seguir lendo →
… unha achega ás estrelas!
"Pregúntome se as estrelas estás acendidas coa fin de que cada un·ha poida atopar a súa algún día" - O Principiño (Saint- Exupéry) Din que cada noite, o Sol se pon máis aló do horizonte e que os últimos raios pintan o ceo con infinidade de cores. Tamén din que cando chega a noite, esas cores dan... Seguir lendo →
All You Need Is ICE-CREAM
Chega o período estival e lugares como a sombra dunha árbore ou a beira do océano son espazos perfectos para que grandes e pequenxs se unan en torno á lectura. Nas vosas mans un par de meses de descanso e desconexión; con tempo dabondo para fomentar o hábito lector e sentir a lectura como pracer,... Seguir lendo →
Festa final “Contos do chupete” con Migallas Teatro na Biblioteca Infantil
Como facer que adultos e pequechos queiran máis contos, máis festa e máis biblioteca? Pois con música, con risas e moitos moitos libros. Todo iso foi posible co grupo Migallas, na festa final dos Bebencontros que a Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga) preparou para despedirse desta volta. Dende outubro disfrutamos na Bebeteca de Durán Loriga... Seguir lendo →
Unha nai é unha nai
Cantas veces temos escoitado o de que "unha nai é unha nai"? Co gallo do Día Internacional da Muller queremos, dende as Bibliotecas Municipais, adicarlle este post ás que non teñen acougo pero dan acougo, están cansas pero non descansan, que fan rir ata chorar e choran da risa, que son calma, son apego, son día... Seguir lendo →
¿Como llo explico?
¿Separádesvos pola miña culpa? ¿Que pasa cando un morre? ¿Como chegan os bebés á barriga? ¿Os meus papás de verdade non me querían? ¿Por que me sinto triste? Os nenos e nenas son conscientes de máis cousas das que cremos, e a súa curiosidade asemella non ter fin. Ás veces, falar de certos temas con eles require... Seguir lendo →
Libros en directo: encontro con Jordi Sierra i Fabra no Centro Ágora
Por cuarto ano consecutivo, a Concellería de Cultura do Concello da Coruña patrocina o ciclo Libros en directo, unha serie de encontros con autores de recoñecido prestixio que ten como obxectivo principal achegar ao público coruñés as novidades editoriais máis importantes. Durante a conversa con Pedro Ramos, coordinador e presentador do ciclo, os autores invitados... Seguir lendo →
¿QUE FAN @S MENORES NA REDE?
É a pregunta que diariamente se fan millóns de pais, nais e educador@s en todo o mundo. Vivimos nunha sociedade na que todo tipo de información está a dous “clic” de distancia: podemos conectar con persoas de calquera parte do mundo ou compartir as nosas experiencias con calquer interesado. Nenos e nenas, rapaces e rapazas... Seguir lendo →