Aprender xogando: recursos para nais e pais, 1

Esta tempada de confinamento que nos obriga a estar encerradas nas nosas casas, de seguro a preocupación polo mantemento do ritmo formativo dos nosos fillos está presente na meirande parte dos fogares. As novas tecnoloxías están a xogar un papel fundamental convertíndose en grandes aliadas axudándonos a nós, nais e pais, nesta tarefa. Dende as... Seguir lendo →

CantoConto!: Lembranzas

Estes días, que non podemos estar na biblioteca, as bibliotecarias de CantoConto! estrañamos moito ás nosas familias cantocontistas. Pensamos que era un bo momento para botar man da memoria e lembrar algún conto de sesións pasadas de CantoConto! Que vos parece se facemos unha sesión virtual chea de lembranzas? Imos aló! Antes de nada, pedirvos... Seguir lendo →

Este Nadal, parada obrigada as bibliotecas

Ven pasar este Nadal ás bibliotecas! A rede de Bibliotecas Municipais ten preparada unha chea de actividades para estas festas, toma nota e elixe a túa: martes 17 de decembro, CantoConto na Biblioteca Sagrada Familia, para público de 2 e 3 anos; xoves 19 de decembro, CantoConto na Biblioteca Castrillón, para público de 2 e 3 anos; venres... Seguir lendo →

Lecturas para regalar aos máis cativos

Como cada ano, as bibliotecarias queremos que entre os vosos agasallos de nadal non falten os libros, por iso elaboramos para vos a nosa guía de "Historias de regalo"  onde recollemos unha escolma dos libros que destacamos para as diferentes idades; os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán... Seguir lendo →

“Contos do chupete” con Migallas Teatro.

O próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas, teremos unha celebración moi especial na de Monte Alto: recibiremos a Migallas Teatro nun encontro para familias con nenos e nenas de 2 e 3 anos. Con eles cantaremos, bailaremos e escoitaremos unhas historias fantásticas. Deixádevos contaxiar pola alegría de Migallas e reservade a vosa praza na... Seguir lendo →

Radio BuleBule na Biblioteca da Sagrada Familia

Paco Nogueiras vén presentar o próximo 4 de outubro na Biblioteca Sagrada Familia, "Radio Bulebule", o seu novo traballo despois de "Brinca vai!" (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación como libro-CD-DVD deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda... Seguir lendo →

Este Nadal, agasalla contos: Historias de regalo

Sabemos que regalar lecturas, música ou cine non é doado, implica pensar moito nos que o reciben, por iso, elaboramos para vos esta guia de lecturas que chamamos "Historias de regalo", os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán expostos en todas as nosas bibliotecas onde poderás mirar, escoitar, tocar e ulir todas... Seguir lendo →

Estrelas en CantoConto!

Boas de novo, familias! Como xa sabedes, o programa de animación á lectura en familia, CantoConto! diríxese a familias con nenos de 2 e 3 anos. En cada sesión cantamos e contamos historias sempre relacionadas cun tema de interese para os pequenos da casa. Na sesión das Estrelas tocaba falar de novo da noite e... Seguir lendo →

CantoConto!: comezamos novo curso.

Ola, familias CantoConteiras! Comeza o novo curso e xa estamos de volta, desexando compartir convosco lecturas e cancións. Despois de dar a benvida ás novas amizades que chegan as nosas bibliotecas, comezamos a sesión co noso amigo Pablo Díaz e a súa exitosa canción "Imos contar un conto". A continuación démoslles a todas as familias unha... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: