CantoConto!

Queridas familias cantocontistas, hoxe é o día do libro, unha data moi especial, e como sabemos que as crianzas estanse a portar de marabilla neste confinamento, as bibliotecarias de CantoConto decidimos crear unha nova sesión virtual para enviarvos moitos azos e todo o noso agarimo, esperamos que a gocedes! Pois comezamos cunha sorpresa da man... Seguir lendo →

CantoConto!: Lembranzas

Estes días, que non podemos estar na biblioteca, as bibliotecarias de CantoConto! estrañamos moito ás nosas familias cantocontistas. Pensamos que era un bo momento para botar man da memoria e lembrar algún conto de sesións pasadas de CantoConto! Que vos parece se facemos unha sesión virtual chea de lembranzas? Imos aló! Antes de nada, pedirvos... Seguir lendo →

Volve CantoConto

  Xa chegou, xa está aquí de volta CantoConto!!! Algún de vós xa gozou con algunha das sesiones de CantoConto o ano pasado, pero outros non, así que cativos e cativas que o ano pasado acudian ós bbencontros, tomade nota deste programa para dar continuidade a ese achegamento ao mundo dos libros e a lectura:... Seguir lendo →

Estrelas en CantoConto!

Boas de novo, familias! Como xa sabedes, o programa de animación á lectura en familia, CantoConto! diríxese a familias con nenos de 2 e 3 anos. En cada sesión cantamos e contamos historias sempre relacionadas cun tema de interese para os pequenos da casa. Na sesión das Estrelas tocaba falar de novo da noite e... Seguir lendo →

CantoConto!: comezamos novo curso.

Ola, familias CantoConteiras! Comeza o novo curso e xa estamos de volta, desexando compartir convosco lecturas e cancións. Despois de dar a benvida ás novas amizades que chegan as nosas bibliotecas, comezamos a sesión co noso amigo Pablo Díaz e a súa exitosa canción "Imos contar un conto". A continuación démoslles a todas as familias unha... Seguir lendo →

CantoConto!: Festa final con Migallas Teatro.

Queridísimas familias, moi ao noso pesar tivemos que dicir adeus a CantoConto! Iso si, só durante uns meses: en outubro volveremos vernos para seguir contando contos e cantando moitas cancións. Pero, para despedirnos ao grande deste curso, quixemos contar cuns amigos moi divertidos que sabiamos que vos ían a namorar: nada menos que Migallas Teatro. Para os... Seguir lendo →

CantoConto!: “Non hai maneira”

Na 11ª sesión de CantoConto!: "Non hai maneira", adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto! Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro...... Seguir lendo →

CantoConto!: Glub, glub, glub

  Esta semana chegamos á décima sesión de CantoConto!, que titulamos "Glub, glub, glub" xa que decidimos descubrir contos, rimas, libros informativos e cancións onde os animais mariños son os protagonistas. Comenzamos escoitando a Pablo Díaz, cantando e bailando  "Imos contar un conto". A continuación falamos  dos animais mariños  e  decatámonos que ao vivir nunha cidade... Seguir lendo →

Nova sesión de CantoConto: “Pero ti qué pensas!”

Nova sesión de CantoConto! nas bibliotecas municipais. Nesta ocasión tocamos un tema tan importante como delicado: as diferenzas entre as persoas, a riqueza que iso implica para a sociedade, pero os problemas que pode sufrir quen o viva coma un obstáculo. As bibliotecarias quixemos facer unha declaración de intencións e declarámonos tan diferentes, particulares e... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: