Agasalla cun conto

O pasado mes de novembro tivemos a segunda sesión dos Bebencontros da Biblioteca Forum. Como é xa habitual, os contos clásicos estiveron presentes en cada unha das sesións.  Nesta ocasión adaptamos “Caperucita roja” e “Los tres cerditos” e introducimos melodías para acompañar a narración. Tampouco faltaron os animais nas historias que contamos, como por exemplo,... Seguir lendo →

Contamos coas mans

Coa chegada do mes de outubro, mes de magostos, de castañas, de follas caídas, de cores ocres… comezamos os bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Os sábados 15 e 29 tivemos na bebeteca uns convidados moi especiais xunto coas súas familias. Todos xuntos contamos e cantamos coa boca e coas mans, porque narrar coas mans é... Seguir lendo →

Masaxe para bebés na sesión final dos Bebencontros do Forum

Rematamos os Bebencontros na Biblioteca Forum desta tempada, non nos queremos despedir sen antes agradecer a todas as familias, ás que puideron e ás que non puideron asistir, agradecer a vosa confianza e participación. Nesta última sesión abordamos o tema da masaxe infantil. Contamos coa experiencia de Carla Console para realizar esta derradeira sesión da tempada.... Seguir lendo →

Bebencontros de maio na Bebeteca Forum

Nestas dúas últimas sesións os contos e as cancións foron os protagonistas da Bebeteca Forum: “La ratita presumida”, ilustrada por Chantal Vizcaíno, onde relatamos este clásico da literatura xogando con máscaras. “Un caracol?” e “ Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, que nos permite crear as nosas historias, adaptar cancións e ... Seguir lendo →

“A Flor de Pel”, obradoiro de masaxes proximamente na Biblioteca Forum

Queremos despedir os Bebencontros da Biblioteca Forum dun xeito especial, e que mellor maneira que dun xeito moi próximo, cunha sesión de masaxes. Aprenderedes da man de Carla Console (Boga Psicólogos) o fundamental sobre esta técnica ancestral e descubriredes a importancia do sentido do tacto na relación co voso bebé. Neste obradoiro atoparedes recursos e... Seguir lendo →

O ruído branco

Nestas dúas sesións os nosos contos protagonistas foron: “Adivina cuánto te quiero”, escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram, é un dos contos máis amorosos, onde  dar medida ao amor convértese nun xogo de expresión de sentimentos. “¿Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, permítenos crear a nosa historia, adaptar cancións, ... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: