Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2019-2020 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura e os libros.... Seguir lendo →
Comezan os Bebencontros 2018/19
Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2018-2019 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias con bebés de 0 a 24 meses a oportunidade... Seguir lendo →
Bonitas e máxicas: así son as cores
A clase de arte rematara, pero Vashti quedou pegada ao seu asento. A súa folla estaba en branco. A profesora inclinouse sobre ela . “¡Ah! Un oso polar baixo unha tormenta de neve”, dixo. ”¡Moi divertido!” contestou Vashti. “Non se me ocorre que debuxar” O punto. Peter H. Reynols Hai libros máxicos. Libros sorprendentes que van... Seguir lendo →
Babies, bubbles & books!
Non sabemos se pola abundancia de auga ou sinxelamente porque a nosa terra tira moito, pero na Biblioteca Ágora andamos moi mariñeiros nesta tempada. Tanto que cando tocou deseñar o Bbencontro en lingua inglesa deste curso, xa un habitual na programación anual, reminiscencias mariñas invadiron as nosas cabezas e convertemos ás criaturas con branquias nos... Seguir lendo →
Os esqueletos visitan a Bebeteca Ágora
Conta a lenda celta que, fai moitos anos, na noite do día de defuntos, os espíritos dos mortos camiñaban ceibes polo noso mundo, mentres os vivos gozaban dun gran banquete. Era a noite do Samaín. A tempada de colleitas chegaba ao seu fin e dábase a benvida ao escuro inverno. Este ano os espíritos decidiron... Seguir lendo →
Monstros na biblioteca de Ágora.
Non podemos negar que na equipa infantil da Biblioteca de Ágora somos moi fans da diferencia. E eu, persoalmente, non podo evitar ser moi fan de Gilles Deleuze. Cando era hora de preparar o post e pensaba en sobre que escribir para definir a sesión de bebencontros que tivemos para clausurar o curso 2015-2016, á... Seguir lendo →
Día do libro e de bebencontro.
Din que o bo cando é breve é dúas veces bo. Nós pensamos que as cousas boas deixan un regusto tan bo que perduran no tempo e no espazo. Física cuántica ao lado, o pasado sábado a biblioteca de Ágora convertiuse nun lugar especial, desta volta cambiamos espazo e tempo para transformar a biblioteca nun... Seguir lendo →
23 DE ABRIL: Un bebencontro alado na biblioteca de Ágora.
Resulta polo menos intrigante chegar a pensar na relación directa que pode existir entre o Día do Libro e os paxaros. Se a esa relación lle engadimos a presenza dxs nosxs bebés polo medio, chegamos a un punto no que as palabras parecen voar sin sentido dun lado a outro. Mais en realidade, todo esto... Seguir lendo →
Xogar “ao diferente” · Xogar coas palabras
Vivimos nunha sociedade cambiante, na que existen fluxos migratorios que fan que a nosa comunidade sexa diversa en canto á cultura, raza, etnias… É preciso que dende idades temperás exista unha educación na diversidade, no respecto, na comprensión entre grupos culturais diferentes. A nosa labor como biblioteca é, en primeiro lugar, facer palpable a diferenza... Seguir lendo →
All You Need Is Love…
... ou a necesidade de transmitir afecto e cariño Falar de All You Need Is Love é retroceder no tempo, viaxar ata os anos 60 e festexar un canto á liberdade, á paz e ao amor da man dos coñecidos Beatles. Mais para nós, falar de All You Need Is Love supón compoñer unha nota... Seguir lendo →