Cando as/os nenas/os xogan a disfrazarse viven as súas historias imaxinarias coma se fosen realidade. Un xogo simbólico que é moi importante, pois a/o nena/o desempeña outros roles imitando situacións que observa na vida real. Trátase dunha actividade que ademáis de para pasalo ben, serve para estimular a súa creatividade, imaxinación, intelixencia e, tamén, amplían... Seguir lendo →
Vaia frío!
Este ano comezámolo con frío e fortes nevaradas en cotas insólitamente baixas. Para afrontar esta tempestade co noso bebé debemos ter en conta algúns sinxelos consellos para protexer aos pequenos do frío e así romper con algúns dos mitos que circulan sobre él. "O frío non é o inimigo das defensas dos nenos é tan... Seguir lendo →
Boas Festas!
Agardamos que o pasedes o mellor posible este Nadal. E que estes tempos difíciles se poidan esquecer pronto. As Bibliotecas Municipais da Coruña, queremos estar ao voso carón para vos axudar a atopar pequenos tesouros literarios que agasallar nestas datas. Estas recomendacións verédelas incluídas na Guía de Nadal que fixemos este ano, agardamos as desfrutedes!... Seguir lendo →
Chove…
A falta de BbEncontro o pasado sábado, Beba quixo recitarvos un poema titulado "El coro" de Ana María Romero e Alberto Urcaray, do seu poemario "Columpio de versos" editado por Brosquil en 2006. Nestes días de chuvia podédesllo recitar aos vosos cativos! https://youtu.be/oO0pmh5a-IM El coroLlueve en la ventana-Chip, chip, chip, chip, chip,hace el agua clara.Y... Seguir lendo →
Beba’s menú
O sentido do gusto desenvólvese moi pronto no bebé, a partir do quinto mes de embarazo o feto inicia a educación das súas papilas. Segundo o que come a nai, o bebé descobre as diferenzas de sabor entre o doce, o salgado, o amargo e o acedo. Pero debemos seguir aos poucos ampliando a súa... Seguir lendo →
Beba celebra o Día da Biblioteca
O pasado sábado 24 de outubro foi o Día da biblioteca, e xa que non puidemos realizar o Bebencontro, Beba quixo celebrar virtualmente con vós ese día tan sinalado. Gravámosvos un poema de Antonio García Teijeiro da súa obra Lueiro de papel, agardamos que vos guste, familias! https://www.youtube.com/watch?v=Rs5zPr6Op7s “Una biblioteca es como una segunda casa... Seguir lendo →
Novidades de outono na Biblioteca Fórum
Xa no outono, e, inda que Beba tiña moitas ganas de comezar, imos ter que agardar uns meses para vernos de novo. A situación xerada polo Covid-19 obríganos a retrasar o comezo desta actividade por seguridade para tod@s. Agardamos que coas nosas precaucións e sentido común vaiamos poñendo freo a esta pandemia e, de novo,... Seguir lendo →
Viaxar en familia, unha fermosa experiencia
Viaxar en familia é unha experiencia que vai enriquecer tanto aos máis pequenos como aos adultos. Vai permitir fortalecer os vínculos entre pais e fillos, desenvolver a imaxinación e crear un pouso de coñecementos na memoria. Viaxar desde unha idade temperá conleva aprender a respectar aos demais, abrir a mente, practicar a tolerancia, respectar a... Seguir lendo →
Xogando coa Natureza
Despois destes meses complicados, este verán e coa nova normalidade, temos a oportunidade de gozar da natureza co noso bebé resultando unha experiencia vital para eles. A natureza coas súas diferentes cores, sons, cheiros e texturas proporciónalles cantidade de estímulos para as súas neuronas, para as súas emocións e para a súa aprendizaxe. Como sostiña... Seguir lendo →
Lotes con lecturas para ler en familia este verán.
Ola familias! Ben sabedes que este verán vai ser diferente do que nos imaxinabamos hai uns meses. Pero hai cousas que non cambian, e unha delas é o gusto pola lectura no noso tempo libre. Con todo, o acceso ás bibliotecas municipais non é todo o doado que nos gustaría, e coidamos que levar préstamo... Seguir lendo →