Despedimos a temporada dos Bbencontros en moi boa compañía

Como todos os anos, rematamos o programa de Bebencontros cunha actividade especial para tod@s vós. Nesta ocasión, convidamos o pasado sábado 20 de xuño a Raquel Penín coa participación de Tamara Chubarovsky a falarnos de “Psicoloxía evolutiva, aprendizaxe e ritmo. Rimas con movemento”. Tamara Chubarovsky define as Rimas con movemento® como simples e efectivas, como... Seguir lendo →

#AsBibliotecariasContan No Verán

#AsBibliotecariasContan foi unha iniciativa que xurdiu en tempos de confinamento para achegarvos os contos á vosa casa. Foron moitas as historias coas que cada tarde, as bibliotecarias e bibliotecarios amenizaron ós máis pequenos e pequenas, a través das nosas redes sociais.  Dende que lanzabamos esta proposta alá por marzo, pasaron varios meses e non podíamos... Seguir lendo →

Aprender xogando: recursos para nais e pais, 4

A estas alturas, poida que as familias xa fariades uso de todos ou case todos os recursos que vos ofrecemos durante este período de confinamento para ter entretidas ás vosas crianzas e aprender con elas. Pero non vos preocupedes que hoxe, aínda que xa estamos có plan de desescalada, traemosvos unha selección con diferentes recursos... Seguir lendo →

Aprender xogando: recursos para nais e pais, 3

Os videoxogos educativos se están a converter nunha fantástica ferramenta para a formación dos nosos fillos. A gamificación nas aulas propiciou que xogos como por exemplo, o Minecraft pasen de ser algo lúdico a utilizarse para ensinar determinadas materias. Son numerosos os estudos que recollen o feito de que, utilizados, segundo criterios pedagóxicos, os videoxogos... Seguir lendo →

#AsBibliotecariasContan desde a casa!

Hai unha semana lanzabamos desde as Bibliotecas Municipais da Coruña a proposta #AsBibliotecariasContan, unha iniciativa que nace en tempos de confinamento por mor do covid-19 para achegar ás máis pequenas e pequenos da casa historias, de pantalla a pantalla. De luns a venres, ás 18.00 horas na nosas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram)… As  bibliotecarias... Seguir lendo →

Este Nadal, parada obrigada as bibliotecas

Ven pasar este Nadal ás bibliotecas! A rede de Bibliotecas Municipais ten preparada unha chea de actividades para estas festas, toma nota e elixe a túa: martes 17 de decembro, CantoConto na Biblioteca Sagrada Familia, para público de 2 e 3 anos; xoves 19 de decembro, CantoConto na Biblioteca Castrillón, para público de 2 e 3 anos; venres... Seguir lendo →

As vacinas

"Se dice que las vacunas salvan cada año millones de vidas humanas. Que han reducido significativamente la incidencia de muchas enfermedades infecciones logrando que vivamos más y mejor y que la salud de otros depende de que tú te vacunes. " López-Goñi, Ignacio; Iturbide, Oihana. ¿Funcionan las vacunas?. Pamplona: Next Door Publishers, 2017. Premio Prisma... Seguir lendo →

“Contos do chupete” con Migallas Teatro.

O próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas, teremos unha celebración moi especial na de Monte Alto: recibiremos a Migallas Teatro nun encontro para familias con nenos e nenas de 2 e 3 anos. Con eles cantaremos, bailaremos e escoitaremos unhas historias fantásticas. Deixádevos contaxiar pola alegría de Migallas e reservade a vosa praza na... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: