Agardamos que o pasedes o mellor posible este Nadal. E que estes tempos difíciles se poidan esquecer pronto. As Bibliotecas Municipais da Coruña, queremos estar ao voso carón para vos axudar a atopar pequenos tesouros literarios que agasallar nestas datas. Estas recomendacións verédelas incluídas na Guía de Nadal que fixemos este ano, agardamos as desfrutedes!... Seguir lendo →
Chove…
A falta de BbEncontro o pasado sábado, Beba quixo recitarvos un poema titulado "El coro" de Ana María Romero e Alberto Urcaray, do seu poemario "Columpio de versos" editado por Brosquil en 2006. Nestes días de chuvia podédesllo recitar aos vosos cativos! https://youtu.be/oO0pmh5a-IM El coroLlueve en la ventana-Chip, chip, chip, chip, chip,hace el agua clara.Y... Seguir lendo →
Recursos para este outono
Desde a Biblioteca Fórum Metropolitano queremos compartir unha serie de recursos que agardamos vos sexan de utilidade durante este outono. Comezaremos coa rima “Un baño de estrellas” de Tamara Chubarovsky que, para estes momentos en que o contacto se nos ten prohibido, pode servirnos para fortalecer os lazos afectivos mantendo a distancia de seguridade. Tamara... Seguir lendo →
GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS VERÁS QUE VERÁN
Case sen darnos conta chegou de novo o verán, unha das épocas favoritas de moita xente: o sol, os días longos, o cheiro a mar, a bosque, as sardiñas, o churrasco, a música dos festivais e as verbenas… Moitos plans por cumprir e moitos días por diante para realizalos. Sen dúbida, e máis que nunca,... Seguir lendo →
Xogando cos sentidos!
Neste mundo dixital no que vivimos, ás veces esquecemos o marabilloso de aprender cos sentidos. As crianzas máis pequenas están descubrindo o mundo e temos moitísimas cousas ao noso redor para estimular e axudar ao seu desenvolvemento. Hoxe presentámosvos unha escolma de actividades sinxelas que podedes realizar na casa, cas que gozaredes vos e as... Seguir lendo →
As mans e os dedos para xogar e contar
Ademais da narración oral e a narración con apoio do libro, existen outras técnicas para contar. As historias poden ser narradas de infinitas maneiras. Elixir a maneira de contar depende das ganas de variar e experimentar que teñamos. Hoxe presentámosvos unha receita moi fácil de facer. Utilizar as MANS e os DEDOS para xogar e... Seguir lendo →
“Os libros sen páxinas”: ditos, recitados, xogos corporais, rimas…
As nosas bebetecas están repletas de libros de cartón duro e esquinas redondeadas, libros de tea, libros con diferentes texturas, en branco e negro, etc. Os máis pequenos poden manipulalos, pasar follas, lanzar ou levalos á boca para saborear en compañía da súa familia. Nestes momentos, non podemos acudir ás bibliotecas pero para ler aos... Seguir lendo →
Linguaxe e bebé
A linguaxe é definida como un sistema de símbolos aprendidos que conteñen un significado social e lle dan a habilidade a unha persoa de clasificar as súas experiencias. O proceso de adquisición da linguaxe establécese desde o nacemento. Nas primeiras semanas os bebés xa poden diferenciar os contrastes entre fonemas como /pa/ e /ba/.... Seguir lendo →
Este Nadal, parada obrigada as bibliotecas
Ven pasar este Nadal ás bibliotecas! A rede de Bibliotecas Municipais ten preparada unha chea de actividades para estas festas, toma nota e elixe a túa: martes 17 de decembro, CantoConto na Biblioteca Sagrada Familia, para público de 2 e 3 anos; xoves 19 de decembro, CantoConto na Biblioteca Castrillón, para público de 2 e 3 anos; venres... Seguir lendo →
Lecturas para regalar aos máis cativos
Como cada ano, as bibliotecarias queremos que entre os vosos agasallos de nadal non falten os libros, por iso elaboramos para vos a nosa guía de "Historias de regalo" onde recollemos unha escolma dos libros que destacamos para as diferentes idades; os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán... Seguir lendo →