Agardamos que o pasedes o mellor posible este Nadal. E que estes tempos difíciles se poidan esquecer pronto. As Bibliotecas Municipais da Coruña, queremos estar ao voso carón para vos axudar a atopar pequenos tesouros literarios que agasallar nestas datas. Estas recomendacións verédelas incluídas na Guía de Nadal que fixemos este ano, agardamos as desfrutedes!... Seguir lendo →
Chove…
A falta de BbEncontro o pasado sábado, Beba quixo recitarvos un poema titulado "El coro" de Ana María Romero e Alberto Urcaray, do seu poemario "Columpio de versos" editado por Brosquil en 2006. Nestes días de chuvia podédesllo recitar aos vosos cativos! https://youtu.be/oO0pmh5a-IM El coroLlueve en la ventana-Chip, chip, chip, chip, chip,hace el agua clara.Y... Seguir lendo →
Beba’s menú
O sentido do gusto desenvólvese moi pronto no bebé, a partir do quinto mes de embarazo o feto inicia a educación das súas papilas. Segundo o que come a nai, o bebé descobre as diferenzas de sabor entre o doce, o salgado, o amargo e o acedo. Pero debemos seguir aos poucos ampliando a súa... Seguir lendo →
Beba celebra o Día da Biblioteca
O pasado sábado 24 de outubro foi o Día da biblioteca, e xa que non puidemos realizar o Bebencontro, Beba quixo celebrar virtualmente con vós ese día tan sinalado. Gravámosvos un poema de Antonio García Teijeiro da súa obra Lueiro de papel, agardamos que vos guste, familias! https://www.youtube.com/watch?v=Rs5zPr6Op7s “Una biblioteca es como una segunda casa... Seguir lendo →
Recursos para este outono
Desde a Biblioteca Fórum Metropolitano queremos compartir unha serie de recursos que agardamos vos sexan de utilidade durante este outono. Comezaremos coa rima “Un baño de estrellas” de Tamara Chubarovsky que, para estes momentos en que o contacto se nos ten prohibido, pode servirnos para fortalecer os lazos afectivos mantendo a distancia de seguridade. Tamara... Seguir lendo →
Viaxar en familia, unha fermosa experiencia
Viaxar en familia é unha experiencia que vai enriquecer tanto aos máis pequenos como aos adultos. Vai permitir fortalecer os vínculos entre pais e fillos, desenvolver a imaxinación e crear un pouso de coñecementos na memoria. Viaxar desde unha idade temperá conleva aprender a respectar aos demais, abrir a mente, practicar a tolerancia, respectar a... Seguir lendo →
Xogando coa Natureza
Despois destes meses complicados, este verán e coa nova normalidade, temos a oportunidade de gozar da natureza co noso bebé resultando unha experiencia vital para eles. A natureza coas súas diferentes cores, sons, cheiros e texturas proporciónalles cantidade de estímulos para as súas neuronas, para as súas emocións e para a súa aprendizaxe. Como sostiña... Seguir lendo →
GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS VERÁS QUE VERÁN
Case sen darnos conta chegou de novo o verán, unha das épocas favoritas de moita xente: o sol, os días longos, o cheiro a mar, a bosque, as sardiñas, o churrasco, a música dos festivais e as verbenas… Moitos plans por cumprir e moitos días por diante para realizalos. Sen dúbida, e máis que nunca,... Seguir lendo →
Despedimos a temporada dos Bbencontros en moi boa compañía
Como todos os anos, rematamos o programa de Bebencontros cunha actividade especial para tod@s vós. Nesta ocasión, convidamos o pasado sábado 20 de xuño a Raquel Penín coa participación de Tamara Chubarovsky a falarnos de “Psicoloxía evolutiva, aprendizaxe e ritmo. Rimas con movemento”. Tamara Chubarovsky define as Rimas con movemento® como simples e efectivas, como... Seguir lendo →
A palabra, un agarimo para o bebé
Hoxe é a gran festa da Lingua Galega e desde as Bibliotecas Municipais unímonos a esta celebración cunha campaña que se está a celebrar desde o día 11 empregando o cancelo #DesconfinarALingua. E que mellor maneira de desconfinar a lingua que a través da melodía suave e doce da poesía, transmisora das palabras primeiras. Os... Seguir lendo →