Este Nadal, agasalla contos: Historias de regalo

Sabemos que regalar lecturas, música ou cine non é doado, implica pensar moito nos que o reciben, por iso, elaboramos para vos esta guia de lecturas que chamamos "Historias de regalo", os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán expostos en todas as nosas bibliotecas onde poderás mirar, escoitar, tocar e ulir todas... Seguir lendo →

Recursos Bebencontros Biblioteca Fórum 1: marionetas

As marionetas son o complemento perfecto para acompañar a narración das historias, estimulan de forma fascinante a capacidade de atención dos máis pequenos, axúdanlles a imaxinar, e cando van medrando, interactúan con elas creando as súas propias historias e xogos simbólicos. Algúns contos levan incorporadas as súas propias marionetas, pero se non é así podemos... Seguir lendo →

Mans arriba… crab revolution!

Ás veces tes sentimentos de tristeza? Dás brincos de felicidade? Que ocorre cando notas como os teus ollos se enchen de bágoas pero non estás enfadado/a? Repartes bicos a moreas ou pola contra sentes medo?...  Deixando atrás as fresquiñas sandías e os doces xeados (xa degustados polos nosos usuarios e usuarias), achegámosvos unha nova proposta estival baseada... Seguir lendo →

“A espertar” – Bebencontro Final na Biblioteca Fórum

O vindeiro 27 de maio na Biblioteca Fórum celebramos o Bebencontro Final cos bebés de 0 a 24 meses. Este ano Estíbaliz Veiga e Erica González coa peza"A espertar" farán que os bebés desfruten sendo estimulados a través da música, da pantomima e a doce palabra. Emocións, cores, baile, cantos de berce... minutos inesquecibles para compartir... Seguir lendo →

O ritmo da poesía

No noso post anterior “A música impacta no cerebro do bebé” expoñiamos que diversos estudos afirmaban que a música “activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro”. Pois ben, tamén son moitos psicólogos, pedagogos e musicólogos que nos falan da musicalidade da linguaxe; Perret, Malloch e Trevarthen,  apoian e explican como a linguaxe e... Seguir lendo →

Babies, bubbles & books!

Non sabemos se pola abundancia de auga ou sinxelamente porque a nosa terra tira moito, pero na Biblioteca Ágora andamos moi mariñeiros nesta tempada. Tanto que cando tocou deseñar o Bbencontro en lingua inglesa deste curso, xa un habitual na programación anual, reminiscencias mariñas invadiron as nosas cabezas e convertemos ás criaturas con branquias nos... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: