O programa BBESCOLAS está deseñado para o alumnado de 1º ciclo de Educación Infantil, Bbescolas é un programa no que se intenta crear un vínculo entre as Escolas Infantís e as Bibliotecas Municipais da Coruña.

OBXECTIVOS
- Reforzar a relación e o intercambio entre as bibliotecas de aula dos centros e o persoal especializado no tramo de infantil das Bibliotecas Municipais.
- Mediante as actividades realizadas, achegar información sobre a biblioteca, o seu personal e os seus recursos ás familias e ao profesorado.
- Achegar dun xeito lúdico e cotiá os libros, as historias e a lectura a todos os nenos e nenas da área de influencia da biblioteca.
METODOLOXÍA
A través dunha metodoloxía activa e participativa, o programa concibe ao alumnado como axente activo na construción do coñecemento. As BBESCOLAS destacan polo:
- Carácter lúdico. A aprendizaxe é impulsada a través do xogo.
- Carácter interactivo. O diálogo establécese como base do proceso de aprendizaxe.
- Carácter creativo. Elemento fundamental que implica un plantexamento flexible das sesións.
COMO PARTICIPAR
Para participar no programa é condición necesaria que a escola infantil forme parte da área de influencia delimitada polas Biblioteca Municipais. Se tedes alguna dúbida ou precisades máis información, preguntade na vosa biblioteca máis próxima.
ONDE
O barrio como LIBRO VIVO!