A música envolveunos na Festa final dos Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil

O sábado pasado, 16 de maio, previo ao noso Día das Letras Galegas, quixemos despedir os Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil como se merecen, con contos, con música e moito cariño. Porque pensamos que libros, música e cariño é unha das mellores combinacións para que as familias leven un bo recordo de tódolos momentos... Continue Reading →

Emocións de despedida no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil. 25 de abril

O sábado 25 de abril, tivemos na Biblioteca Infantil e Xuvenil a derradeira sesión de Bebeteca antes da festa concerto do 16 de maio. Xunto a Nico, Druso, Martina, Helena, Lúa, Pepe, Jaime, Miguel, Laura e as súas familias, achegámonos ó mundo das adiviñas e das partes da cara.   Mediante o conto ¿Qué esconde... Continue Reading →

Moito máis que contos na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro do 11 de abril: 0-12 meses

Os 3 primeiros anos da vida dun bebé son un período de crecemento incríble en tódalas áreas de desenvolvemento destes. Na etapa dos 2 aos 6 meses hai estudios que demostran unha correlación directa entre a inteligencia e adquisición da linguaxe e o número de palabras que os bebés oíron nos seus primeiros anos de... Continue Reading →

Unha de animais na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro do 31 de xaneiro, 13-24 meses

  Vaia animaladas no Bebencontro da Infantil! Trala nosa canción de presentación e coñecemento das partes do corpo, gozamos da narración dun clásico da editorial Kalandraka: A que sabe a Lúa? cunha morea de animais axudándose e cooperando para lograr un obxectivo común: conseguir unha dentada da Lúa!!! Será doce ou salgada? mmm... que delicia! Todos queriamos... Continue Reading →

A cantar na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro 17 de xaneiro, de 0-12 meses

Se chove, que chova! como di o anuncio,  xa que na Biblioteca Infantil pasamos a tarde do sábado quentiños cantando e lendo contos. Xa sabemos o importante que son ás cancións para o desenvolvemento dos máis pequenos,  estimula a intelixencia emocional, desperta emocións e sentimentos, ademáis favorecen a atención e a concentración; nos primeiros meses... Continue Reading →

Espantamos a friaxe cun pouco de movemento!

Que o frío nos fai aterecer? Nós facemos que non o sentimos. Que os pes parecen témpanos de xeo? Nós saltamos ata o teito. Que as manciñas teñen os dedos agochados? Nós abrímolas, estirámolas e aplaudimos ata telas ben quentiñas! O sábado pasado, no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil, fomos escorrentando a friaxe do corpo,... Continue Reading →

Que é o que esconde o pequeno Edu? Bebencontro de 13 a 24 meses

Un sábado máis, na Biblioteca Infantil e Xuvenil, xuntámonos para participar na sesión na que o Pequeno Edu nos ía aprender unha das partes do corpo, a cabeza! Para elo contamos coa presenza de Martina, Antón Regueira, Antón Prieto, Pablo, Nico, Mael, Jana, Iria, Belen e Daniel e as súas mamás e papás. Edu amosounos o... Continue Reading →

E o señor Coc abriunos as portas na Biblioteca Infantil

Da man do Señor Coc comezamos o sábado pasado, 25 de outubro, unha nova andanza dos Bebencontros na Biblioteca municipal Infantil e Xuvenil. Con Martín, Ricardo, Noa, Miguel Anxo, Lía, Pablo, Simón, Vera e Nuno entramos na casa do señor Coc, descubrimos cada unha das súas estancias e o que nelas fai tódolos días. Todos xuntos... Continue Reading →

Xa están aquí os Bblotes da Infantil!

Na Biblioteca Infantil e Xuvenil xa contamos con novos Bblotes, unha selección pensada e renovada para vós. Contamos con lotes axeitados ás diferentes idades:   Podedes atopar todo tipo de documentos: libros para os máis pequenos, para compartir en familia, material audiovisual para bailar e soñar... E tamén libros dirixidos aos pais, para orientalos nas posibles... Continue Reading →

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: