Bebencontros na B. Ágora: foi un pracer recibirvos!

Os Bebencontros da Biblioteca Ágora chegan á súa fin por este curso. Hoxe pechámolo facendo con vós un repaso de todo o que vivimos xuntos. Lembrades que ben o pasamos? Dende outubro ata febreiro visitaron a nosa Biblio unha chea de familias, contos, personaxes... E tamén tivemos moitas moooitas sorpresas! Velaquí tedes unha mostra: https://youtu.be/PFKN4TVmr6o... Seguir lendo →

DESCONFINANDO LIBROS INFANTÍS GALEGOS

No depósito da Biblioteca Municipal Ágora, en baldas compactas, descansa confinada a colección de libros infantís e xuvenís susceptible de ser conservada. Trátase dunha pequena colección de libros de edicións esgotadas e primeiras traducións que se realizaron ó galego. Algúns deles están aí porque intuímos pasarán a ser clásicos LIX. Outros xa o son. Esta... Seguir lendo →

1º BEBENCONTRO VIRTUAL DA B. ÁGORA

Benqueridas familias! Xa que os Bebencontros presenciais de momento non se poden realizar, dende a Biblioteca Ágora decidimos facervos unha sesión virtual o pasado sábado 25 de abril!  Como sabedes, os Bebencontros son o medio que temos as Bibliotecas para transmitirvos ás familias a importacia de achegarlles os contos aos bebés dende moi pequenos, para... Seguir lendo →

No día Día Internacional do Libro Infantil 2020 convén lembrar…

Dende que decretaron o Estado de Alarma e nos vimos coas crianzas na casa, o que máis ou o que menos recibiu indicacións da escola, do Ministerio, das editoriais, dos escritores, dos ilustradores, dos artistas, dos mediadores, dos artistas e das bibliotecarias de cómo fomentar a lectura e crear hábito lector na familia. Pois ben,... Seguir lendo →

Dúas charlas do prestixioso pediatra Carlos González

Os vindeiros 22 e 23 de marzo, Carlos González  impartirá dúas charlas gratuitas no centro comercial Espacio Coruña. Carlos González é  fundador e presidente da Asociación Catalana Pro Lactancia Materna (ACPAM) e autor de numerosos libros relacionados coa crianza natural, o apego e a alimentación infantil. Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña poderás atopar as súas... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: