Estrelas en CantoConto!

Boas de novo, familias! Como xa sabedes, o programa de animación á lectura en familia, CantoConto! diríxese a familias con nenos de 2 e 3 anos. En cada sesión cantamos e contamos historias sempre relacionadas cun tema de interese para os pequenos da casa. Na sesión das Estrelas tocaba falar de novo da noite e... Seguir lendo →

CantoConto!: Ti podes!

Estes días puidemos disfrutar da sétima sesión de CantoConto! deste curso. Nesta ocasión quixemos abordar o tema da autoestima. Por todas partes atopamos mensaxes que nos falan da súa importancia para a felicidade dos adultos, pero debemos recordar que podemos fomentala dende os primeiros anos. En CantoConto! adoitamos tocar temas sensibles da forma máis lúdica... Seguir lendo →

CantoConto! Mimitis aguda!

Remataron as festas e tocou voltar ó cole e á biblioteca para cantar coas bibliotecarias e escoitar contos. Estes días quizais nos atopemos máis sensibles do normal; sen dúbida, a volta á rutina non sempre nos senta ben. Hai quen di que con abrazos todo se leva un pouquiño mellor e en CantoConto! fixemos a proba.... Seguir lendo →

CantoConto! Andanzas…

Xa chegou o momento de contar e cantar historias para os máis pequenos da casa, CantoConto! está de volta e abrimos a tempada 2016-17 con Andanzas. Acaba de rematar o verán e quen máis, quen menos, desfrutou dalgunha aventura durante as vacacións. Non ían ser menos os nosos protagonistas e nós non podíamos quedar sen contárvolas.... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: