Visita de Pavís Pavós á biblioteca de Monte Alto: “Palma Repalma, contos para bebés”.

Hai uns días, na biblioteca municipal de Monte Alto, gozamos da compañía de Tareixa e Xacobe, os contacontos de Pavís Pavós, os que con moito, moitísimo agarimo, foron debullando contiños, rimas, poesías e cancións. A pesar de que aquela tarde foi chuviosa, eles conseguiron facer da biblioteca un lugar cálido e seguro. Descubrimos canto lles... Seguir lendo →

Palma, Repalma: contacontos para bebés de 0 a 2 anos na biblioteca de Monte Alto.

O próximo mércores 21 de maio, as 18:00 h, convidámosvos a un contacontos para nenos ata 2 anos: na biblioteca de Monte Alto, e da man de Pavís Pavós, faremos un percorrido polos mellores contos e historias da nosa tradición oral. Contos coma os de antes, dos que transmitían valores pero sen caer no didactismo,... Seguir lendo →

Mulleres coraxe: nais solteiras.

Dentro da programación especial que as Bibliotecas Municipais da Coruña dedicamos este ano ao Día Internacional da Muller, queremos destacar ás nosas mulleres coraxe, e hoxe e dende aquí queremos homenaxear ás nais solteiras en particular. Debido a moitas e moi diferentes circunstancias, un gran número de mulleres na actualidade asumen a maternidade en solitario. Dende aquelas nais que... Seguir lendo →

“Entre arrolos e contiños” na biblioteca de Monte Alto.

Onte a tarde, grazas a Teatro Migallas, gozamos dun ratiño de contos e cancións moi agradable. As familias ¡e tamén as bibliotecarias! cantamos xuntos, fixemos cóxegas, aplaudimos e escoitamos uns contiños moi doces: "Imos cazar un oso", "A ra da boca grande", "Sambalelé" e "Señor Coc", entre outros. Ogallá puidesen quedar máis tempo con nos!... Seguir lendo →

Resumo de “Contos de animais” na biblioteca de Monte Alto.

Hai uns días tivemos o pracer de gozar da compañía e dos contos de Títeres Cachirulo. Dende a selva profunda, perdida e descoñecida, pero tamén da granxa que nos trae ovos e queixo, viñeron un montón de animais a falarnos das súas vidas. A nosa amiga Carmen, utilizando todo tipo de materiais (debuxos enormes enrolados... Seguir lendo →

Resumo dos “Contos do Aviador” na biblioteca de Monte Alto.

O pasado xoves 8 de novembro, na bilioteca de Monte Alto, tivemos unha tarde moi moi especial: un peculiar aviador emprende unha accidentada viaxe onde atopará novos amigos que lle contarán unhas historias moi divertidas. Tódolos nenos estiveron moi atentos as aventuras do noso aviador, que coas sombras chinesas, os monicreques, a marabillosa música de fondo... Seguir lendo →

Lectura de un artículo: la eficacia del castigo.

Hoy queremos aconsejar la lectura de un artículo del periodista Juan Bosco Martín Algarra sobre la educación de los niños, donde ofrece ocho criterios, según él, "casi infalibles" para saber cómo y cuándo castigarles. Todos los padres sabemos que hay que poner límites a los hijos, pero nos movemos en un terreno tan delicado ("¿le estaré castigando poco ó demasiado? ¿el... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: