“Qué susto!”, en CantoConto!

"Qué susto!" foi unha das sesións máis divertidas das que gozamos en CantoConto! Lemos, cantamos e pasámolo xenial. Seguide lendo para saber máis. Pero non teñades medo, porque os sustos que levamos foron moi divertidos! Cantamos a canción de Pablo Díaz "Imos contar un conto". Sempre veñen cativos novos que deseguido aprenden a letra e os... Seguir lendo →

“Libro de familia” en CantoConto!

Nas bibliotecas municipáis estamos moi felices coa pequena familia que se está a formar nas sesións de CantoConto! Así que, para facerlles unha homenaxe como se merecen, decidimos dedicarlles unha tarde as familias: familias nas bibliotecas, familias nas escolas e familias no fogar; todas elas moi importantes para o desenvolvemento afectivo dos cativos. Para comezar ben a tarde,... Seguir lendo →

CantoConto!: “Quérote Moito!”

Qué sesión tan chea de amor e tenrura gozamos esta semana! Amor entre amigos, amor de familia, amor de parella... Nenos e maiores divertíronse cos contos que escollimos as bibliotecarias para eles. E nós divertímonos moito contándoos! Para empezar con bo pé, o noso amigo Pablo Díaz inaugura a tarde con "Imos contar un conto", unha exitosa canción que... Seguir lendo →

“Medo me da”, en CantoConto!

Esta semana aproveitamos as sesións de CantoConto! para quitarnos tódolos medos que as veces trae a noite. Non é fácil pechar os ollos e quedar durmidos deseguido. As veces parece que a escuridade está chea de ruídos e sombras, pero hoxe, grazas ós contiños que nos escolleron as bibliotecarias, descubrimos que a nosa imaxinación ten moito... Seguir lendo →

Voute papar! en CantoConto!

Esta semana, en CantoConto!, pasamos moita fame. E que só a nós ocórresenos pasar toda a tarde falando de comida, sabendo que na biblioteca non se pode comer. Pero cos contos tan fermosos que temos sobre alimentos de todo tipo queríamos dedicar unha sesión a mostrárvolos. Quen ía dicir que había ata cancións sobre comida! Pero, primeiro... Seguir lendo →

Hola, doutor! en CantoConto!

Esta semana, coa chegada do frío e as primeiras choivas, algunhas bibliotecarias caeron enfermas dun grave constipado. Pero o peor do asunto era o medo terrible que tiñan de ir ao médico! Menos mal que algunhas compañeiras, moi solidarias, atoparon a solución: buscar na biblioteca os mellores contos para acabar con ese medo. Coa súa axuda e... Seguir lendo →

“Cantacontos para bebés” na biblioteca Monte Alto, con Pablo Díaz.

Hai uns días, na biblioteca Monte Alto, tivemos a inmensa ledicia de recibir a un dos nosos artistas favoritos: Pablo Díaz. Co seu espectáculo "Cantacontos para bebés" trata temas e rutinas dos máis pequenos, onde a fantasía e a ilusión son os protagonistas. Pablo, como xa é habitual nel, cantou e contou contos con moita tenrura e... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: