“Contos do chupete” con Migallas Teatro.

O próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas, teremos unha celebración moi especial na de Monte Alto: recibiremos a Migallas Teatro nun encontro para familias con nenos e nenas de 2 e 3 anos. Con eles cantaremos, bailaremos e escoitaremos unhas historias fantásticas. Deixádevos contaxiar pola alegría de Migallas e reservade a vosa praza na... Seguir lendo →

CantoConto!: comezamos novo curso.

Ola, familias CantoConteiras! Comeza o novo curso e xa estamos de volta, desexando compartir convosco lecturas e cancións. Despois de dar a benvida ás novas amizades que chegan as nosas bibliotecas, comezamos a sesión co noso amigo Pablo Díaz e a súa exitosa canción "Imos contar un conto". A continuación démoslles a todas as familias unha... Seguir lendo →

CantoConto!: Festa final con Migallas Teatro.

Queridísimas familias, moi ao noso pesar tivemos que dicir adeus a CantoConto! Iso si, só durante uns meses: en outubro volveremos vernos para seguir contando contos e cantando moitas cancións. Pero, para despedirnos ao grande deste curso, quixemos contar cuns amigos moi divertidos que sabiamos que vos ían a namorar: nada menos que Migallas Teatro. Para os... Seguir lendo →

Nova sesión de CantoConto: “Pero ti qué pensas!”

Nova sesión de CantoConto! nas bibliotecas municipais. Nesta ocasión tocamos un tema tan importante como delicado: as diferenzas entre as persoas, a riqueza que iso implica para a sociedade, pero os problemas que pode sufrir quen o viva coma un obstáculo. As bibliotecarias quixemos facer unha declaración de intencións e declarámonos tan diferentes, particulares e... Seguir lendo →

CantoConto!: “Trasnadas”

Estos días en CantoConto! portámonos un pouquiño mal: fomos algo remexedoras e falcatrueiras, gastando bromas e sen facer caso á compañeira. Vamos, que estabamos de "non". Igualiño que o protagonista do primeiro conto da tarde: "¡Más te vale, mastodonte!", de Micaela Chirif e ilustrado por Issa Watanabe. Unha historia moi divertida sobre unha mascota moi peculiar... Seguir lendo →

“Festa Final” en CantoConto!

Cantos sentimentos opostos tivemos estos días! Tristura porque remata CantoConto! ata despois do verán; alegría porque tiñamos o noso amigo Pablo Díaz nas bibliotecas para facer unha festa ben fermosa; ledicia de ver a tantos nenos e maiores gozar cos contos e as cancións de Pablo; mágoa porque é moi fermoso ver a biblioteca tan... Seguir lendo →

“Non, non e non” en CantoConto!

Estos días as bibliotecarias andamos algo tristes: empezamos a contar cántas sesións de CantoConto quedan para rematar o curso, e démonos conta de que son moi poucas! Isto provocounos un gran desgusto, como poderedes imaxinar. Menos mal que as compañeiras conseguiron animarnos lembrando que, despois do verán, volveremos; e ademais quedan moitas sorpresas antes de que acabe o... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: