Merendas con Contos

Nestas sesións, dirixidas a familias con nenos e nenas entre 3 e 7 anos, Fuco, un simpático rato, e outros ratos de Lonxedetodo convidan a todas aquelas persoas que queiran asistir a unha suculenta merenda. O menú, como non! contos… de aquí e de alá, de antes e de agora, que lles contaron ou que leron. Fuco e os outros ratos cantan, contan, dramatizan e orientan estes encontros á procura de estratexias que provoquen a lectura en familia.

Fuco e a Familia Ratapón
Fuco e a Familia Ratapón

Só os nenos e nenas necesitan inscribirse. Poderanse realizar un máximo de 3 inscricións por persoa.

Día Lugar Hora Prazas Frecuencia
luns Biblioteca Ágora 18 h 40 Quincenal
martes Biblioteca Sagrada Familia 18 h 40 Quincenal
martes Biblioteca Fórum Metropolitano 18 h 40 Quincenal
mércores Biblioteca Monte Alto 18 h 50 Quincenal
xoves Biblioteca Castrillón 18 h 50 Quincenal
venres Biblioteca Os Rosales 18 h 40 Quincenal
sábado Biblioteca Infantil e Xuvenil 18 h 50 Quincenal
sábado Punto de servizo Mesoiro 12 h 30 Quincenal

Podedes retirar as invitacións unha semana antes da celebración do contacontos a partir das 10 h. a través da nosa páxina web   ou acudindo a algunha das nosas bibliotecas.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: