CantoConto

logo CantoConto!Os cativos e cativas que o ano pasado acudian ós bbencontros crecen, por iso este ano temos un novo programa para dar continuidade a ese achegamento ao mundo dos libros e a lectura: Nace CantoConto!, unha actividade para nen@s de 2 e 3 anos.

CantoConto! é un contacontos diferente, familiar, para cantar, bailar, escoitar e compartir historias que terá lugar nas bibliotecas municipais de Castrillón, Fórum, e Sagrada Familia cada 15 días de 18.00 a 19.00 horas.

Sesións cheas de maxia, nas que rodeados de contos compartiremos historias e moitas melodías que se celebrarán cada quince días.

Para poder participar en CantoConto! requírese inscrición previa (só os nenos e nenas necesitan inscrición. Unha mesma persoa poderá realizar un máximo de 2 inscricións por sesión) a través da web das bibliotecas. A inscrición ábrese unha semana antes da celebración de cada sesión, ás 10 horas.

Consulta as datas no calendario para as sesións de este ano.

 

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: