Actividade dirixida a familias con nenos e nenas de 0 a 2 anos
En que consisten os Bebencontros?
Os Bebencontros son sesións que se fan nas bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña: Ágora, Fórum, Os Rosales
Nestas sesións, a biblioteca preséntase como un espazo aberto á vosa presenza e á vosa participación. Dásevos a oportunidade de descubrir xuntos aspectos como o valor da narración nas primeiras idades, a importancia de contarlles contos ás crianzas antes de que saiban ler e a necesidade de que a familia se implique nese labor de crear e alimentar os hábitos da lectura.
Como participar?
Para poder participar nas sesións requírese unha inscrición previa.
O prazo de inscrición ábrese unha semana antes da actividade. Ás 10:00 h da mañá habilitarase na web de bibliotecas. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
Biblioteca | 0 a 12 meses | 6 a 24 meses | 13 a 24 meses | 0 a 24 meses | Plazas | Frecuencia |
Biblioteca Ágora | sábados 11h | 12 | Mensual | |||
Biblioteca Fórum Metropolitano | sábados 18h | sábados 18h | 6 | Mensual | ||
Biblioteca Infantil de Durán Loriga* | ||||||
Biblioteca Os Rosales | sábados 11.30h | 15 | Mensual |
..: Calendario de los Bebencontros en las distintas Bibliotecas Municipales
Non te esquezas de preguntar polos BEBELOTES:
Servizo de préstamo (hazte socio/a, é gratuito) temporal dunha mochila con material de lectura de diferentes temáticas, xéneros e soportes dirixidos ao fomento da lectura no fogar.
Hola
Son un Hadrian, cumplin fai uns dia 2 anos e estou moi contento de andar a crecer .. claro que agora son demasiado maior para os bebeencontros e demasiado pequeno para ir coas actividades da biblioteca de infantil que comenzan entre os 3-4 anos…
¿ Os nenos e nenas entre 25 e 36 meses non contamos nas bibliotecas?
Saudos…
Ola Hadrian! Alegramonos de que sigas medrando e por suposto que os nenos coma ti contades e moito nas nosas bibliotecas. Para os maiores de 24 meses temos na Biblioteca do Forum e na Biblioteca Castrillón dous programas destinados a vosa idade:
Contos encantos na Biblioteca Castrillón https://www.facebook.com/events/196480270537411/
Os nosos contos na Biblioteca Fórum Metropolitano https://www.facebook.com/events/440463166065607/
Que ben!! Pois preguntare no Castrillon que vou moitas vewces a xogar a praza de Pablo Iglesias.. a ver se xa esta posto o calendario do 2014!!!
Feliz Nadal..
No es en esta página donde aparece u formulario para inscribirse en los bebencontros? Por varias veces he entrado lunes a partir de las 10h y no encuentro el formulario. Que hago mal?
Gracias
Ola Leticia!
El formulario se publicada los lunes a las 10.00 cuando hay reparto en la página principal https://bebeteca.wordpress.com ahora mismo puedes verlo, pero una vez que se acaban las entradas, actualizamos la información informando de que ya no quedan entradas y por tanto se cierra el formulario.