Aprender xogando: recursos para nais e pais, 2

O tempo de confinamento por mor do COVID-19 vaise prolongar durante un tempiño mais e dende as Bibliotecas Municipais da Coruña seguimos compartindo con todas as nais e país recursos educativos para que os nenos e nenas sigan aprendendo na casa sen aburrirse e gozando da aprendizaxe. Nesta entrada recompilamos unha selección de webs e… Seguir lendo →

Aprender xogando: recursos para nais e pais, 1

Esta tempada de confinamento que nos obriga a estar encerradas nas nosas casas, de seguro a preocupación polo mantemento do ritmo formativo dos nosos fillos está presente na meirande parte dos fogares. As novas tecnoloxías están a xogar un papel fundamental convertíndose en grandes aliadas axudándonos a nós, nais e pais, nesta tarefa. Dende as… Seguir lendo →

Estrelas en CantoConto!

Boas de novo, familias! Como xa sabedes, o programa de animación á lectura en familia, CantoConto! diríxese a familias con nenos de 2 e 3 anos. En cada sesión cantamos e contamos historias sempre relacionadas cun tema de interese para os pequenos da casa. Na sesión das Estrelas tocaba falar de novo da noite e… Seguir lendo →

Unha Dola Tela Catola!

Sen teléfonos móbiles e con volta á infancia, camiñamos nunha mesma liña chea de palabras, xogos e moita rima! Non é a primeira vez que facemos referencia ao traballo desenvolto coas Escolas Infantís da contorna (BbEscolas), mais si é a primeira que falamos dun traballo específico-mediador dirixido ao estudantado superior dos CIFP da nosa área… Seguir lendo →

CantoConto!:Xogamos

  En CantoConto! estamos moi emocionados polas datas nas que nos atopamos; durante estes días preparamos a chegada do Nadal, e con el as vacacións e o tempo  para estar en familia. Alégranos poder aproveitar este tempo de lecer para descansar, ler, escoitar música, xogar… Falamos dos nosos xogos e xoguetes favoritos,  escoitamos atentamente o… Seguir lendo →

Día do libro e de bebencontro.

Din que o bo cando é breve é dúas veces bo. Nós pensamos que as cousas boas deixan un regusto tan bo que perduran no tempo e no espazo. Física cuántica ao lado, o pasado sábado a biblioteca de Ágora convertiuse nun lugar especial, desta volta cambiamos espazo e tempo para transformar a biblioteca nun… Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑