Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña desexámosvos unhas moi Boas Festas! Agardamos vervos o máis axiña posible para o vindeiro ano que entra, e que veña cargadiño de libros e Bbencontros! (ademais de saúde e amor!)

Querémosvos recomendar unha serie de lecturas para as e os máis peques da casa, recomendacións que podedes levar emprestadas a casa ou agasallar nestas datas. Picando aquí podedes ver a guía de lectura completa: Historias de regalo.

E, para despedir o ano a bo ritmo, deixámosvos un contiño cantado para que desfrutedes na casa durante estas festas! Agardamos que vos preste!: Cores de Leo Lionni e Antonio Rubio, editado por Kalandraka.