De como o monstro do Samaín se papou ao monstro de Halloween


O mes de outubro ata o de agora adoitaba chegar ao seu fin acompañado da palabra Halloween, unha derivación da expresión inglesa All Hallow’s Eve que quere dicir “Véspera do Día dos Santos”. Atrás quedaban as antigas tradicións dos pobos celtas onde se celebraba unha gran festa para conmemorar “o final da colleita”, o Samaín. Os celtas crían que na noite do 31 de outubro os espíritos dos mortos volvían visitar o mundo dos mortais.

A recuperación da tradición celta en Galicia dende os últimos anos está rexurdindo con forza nos coles, asociacións, espazos culturais e por suposto nas bibliotecas, institucións, todas elas, que garanten a conservación e difusión do patrimonio cultural galego, as súas festas e tradicións.

Esta última semana de outubro, a biblioteca Fórum tínguese de cabazas, monstros e sustos para dar paso ás recomendacións máis horripilantes do ano aos máis pequenos da casa. Tomade nota dunha chea de lecturas tan temibles como sorprendentes perfectas para contar na noite de Samaín!

En samaín hai moitísimos sustos e os sustos dan moito medo pero… e se o medo non asustara tanto como pensamos? Grazas á poesía o medo pode ser un xogo cheo de rimas e disparates. María Canosa axúdanos a escorrentar os medos a través do seu poemario “O libro dos medos”, e Mar Benegas deixanos mortos da risa con intelixencia, retranca e moito humor no seu libro de poemas “A lo bestia”.

¿Con ganas de festa? Samaín tamen é festa, musica e baile, se gostas de cantar coma un tolo, toma nota porque temos propostas musicais monstruosas para mover sen parar o esquelete en familia!!

Lembrade que tedes estes e outros libros xeniais esperando nas bibliotecas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: