Tempo de rutinas


Co fin do verán volven as rutinas para todas e todos e, aínda que nos pareza aburrido, para as e os bebés as rutinas resultan moi beneficiosas xa que con elas desenvolvemos ambientes tranquilos que lles fan sentirse seguros.

As e os bebés gozan de todo aquilo que sexa repetitivo, pídennos unha e outra vez que lles contemos o mesmo conto, que lles cantemos a mesma canción ou que xoguemos aos mesmos xogos… a repetición repórtalles seguridade e control e evítalles incertezas.

A natureza tamén ten as súas rutinas, no outono as follas cambian de cor e caen co vento, que deixa ás árbores espidas, o campo cheira a terra mollada, a paisaxe vólvese multicolor. Unha estación para poder desfrutar dela ao ar libre e amosarlles ás máis pequenas e aos máis pequenos a observar os cambios que nela se producen.

Recomendámosvos practicar a rima que Tamara Chubarovsky presentou este mes de outubro. Con ela, ademais dos beneficios que proporcionan as rimas en movemento no desenvolvemento cognitivo das crianzas, pretende fomentar nas nenas e nenos a importancia dunha alimentación sa.

A Beba encántalle o outono, facer magostos e comer moitas castañas, tomar sopa de cabaza, coller o paraugas e pór as galochas para saltar moitas pozas, disfrazarse no Samaín, dar un paseo polo bosque ou polo parque e xogar coas follas que cobren o chan… pero, sen dúbida, o que máis lle gusta, é agardar a que veñades de visita á Biblioteca e xuntos poder desfrutar das historias que encerran os contos.

Deixámosvos unha pequena guía de lectura para as/os máis peques sobre o outono e sobre as rutinas que trae consigo esta linda estación. Todos os títulos, e moitos máis, podédelos atopar no fondo das Bibliotecas Municipais da Coruña. Consulta o noso catálogo en liña!

Agardemos a desfrutedes e vémonos axiña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: