“Mamás Marabilla”


Aínda que foi variando a data da súa celebración ao longo dos anos, este domingo celébrase o Día da Nai. Unha efeméride que ten a súa orixe na mitoloxía grega, onde se rendía honras a Rea, nai dos deuses Zeus, Poseidón e Hades. Posteriormente, os romanos honraron á divindade de Cibeles a través da festa Hilaria. Máis tarde, coa chegada do cristianismo, estas celebracións transformáronse para honrar á Virxe María. Sen embargo, non se atopa a orixe contemporánea desta celebración ata o ano 1873, en EEUU. Foi a poetisa e activista polos dereitos das mulleres Julia Ward Howe a que proclama o Día da Nai, momento onde conseguiu que mulleres de 18 cidades estadounidenses se reuniran ao redor da festividade.

Deixámosvos cun fragmento do álbume ilustrado Mi mamá de Anthony Browne, editado por Fondo de Cultura Económica, que mostra tódolos roles que son capaces de asumir as mamás do século XXI, convertíndose en verdadeiras “Supermamás”!

Contacontos dun fragmento do álbume ilustrado “Mi mamá” de Anthony Browne, editado por Fondo de Cultura Económica.

Tamén queremos compartir convosco unha guía de lectura para as e os máis pequenos da casa. Agardamos a desfrutedes en familia! Todos os exemplares están á vosa disposición no catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Guía de lectura para as/os máis pequenas/os sobre o Día da Nai.

Que teñades bo día, Supermamás!!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: