Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2021


O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil concidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O IBBY promove dende 1967 esta celebración coa fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser embaixadora do Día LIX. Este ano correspóndelle a EEUU (USIBBY) seleccionar un escritor representativo e un ilustrador do seu país que constrúan a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo e o cartaz que igualmente se distribúe para que centros escolares, librarías, bibliotecas, etc promovan a celebración.

En España a sección do IBBY denomínase OEPLI. A Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil tamén ten as súas seccións, CLIJCAT, GALTZAGORRI ELKARTEA, CONSEJO GENERAL DEL LIBRO e a nosa GÁLIX.

A escritora é Margarita Engle (do texto La música de las palabras) e o ilustrador Roger Mello.

As Bibliotecas Municipais de A Coruña cremos na música das palabras. Nas salas infantís albergamos os LIBROS CON MÚSICA. Son aqueles contos que especialmente recomendados para nenos e nenas de 0 a 5 anos conteñen poesías, rimas e incluso adiviñas. Contos que se basean no ritmo, nas repeticións e na sonoridade. Por isto lles dicimos que teñen música, porque en canto os contamos, recitamos, cantamos, escenificamos, adaptamos, memorizamos… conectamos directamente coa crianza que temos diante.

Pode que neste momento estés dubidando da túa capacidade de contar libros con música. Pois animámoste a que o intentes porque a contar apréndese contando e estes libros son os máis idóneos. E despois de todo, contas con algo imprescindible que ningunha outra contadora de contos ten, e é que a túa voz é única para a túa crianza. Así que utilízaa e tende unha ponte de conexión. Nós podemos recomendarche algúns dos títulos máis exitosos, para que comeces con bo pé.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é redondita_portadaninohuevo-1.jpg

Feliz Día do Libro Infantil e Xuvenil 2021

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: