Un agasallo para todos os papás


O concepto de paternidade mudou substancialmente durante o século XXI. Actualmente, o papel que os pais asumen na crianza das fillas e dos fillos é moito máis amplo e non só ten que ver co apoio económico. É unha evolución positiva que “ten un impacto directo en varios factores, como a convivencia, a redución da desigualdade de xénero e o bo desenvolvemento das/os nenas/os, desde os seus primeiros meses de vida en diante”, afirma a psicóloga Vanina Cassano. “A paternidade activa e a corresponsabilidade familiar axúdanlles tanto ás mulleres como aos homes a conseguiren un equilibrio mellor entre a vida familiar e o traballo.

Esta maior igualdade entre homes e mulleres á hora de criaren os fillos e as fillas é un compromiso das sociedades modernas.

Deixámosvos cun fragmento do conto “P de Papá”, de Isabel Martins e Bernardo Carvalho, editado por Kalandraka, unha tenra historia onde Papá se transforma nas cousas máis incribles.

“P de papá” de Isabel Martins e Bernardo Carvalho, editado por Kalandraka.

Sabiades que a orixe do Día do Pai está moi relacionada coas demandas do home no seu papel de pai? Así foi, que o 19 de marzo de 1948, Manuela Vicente Ferrero, profesora do barrio madrileño de Belmonte, comezou a homenaxear a figura paterna por petición dos propios pais: “os pais tamén queremos aos nosos fillos”.

Esta primeira celebración tivo un grande impacto e axiña se desenvolveu en todos os centros educativos. Un pouco máis tarde, en 1953, adquiriu un carácter comercial cando o xerente de Galerías Preciados, Pepín Fernández, apoiou unha campaña de prensa e radio na celebración do Día do Pai.

Guía de lectura para os máis pequenos no Día do Pai.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: