Contos e Entroido


Cando as/os nenas/os xogan a disfrazarse viven as súas historias imaxinarias coma se fosen realidade. Un xogo simbólico que é moi  importante, pois a/o nena/o desempeña outros roles imitando situacións que observa na vida real. Trátase dunha actividade que ademáis de para pasalo ben, serve para estimular a súa creatividade, imaxinación, intelixencia e, tamén, amplían o seu vocabulario.

Entroido larafuzán, comiches a chicha e deixaches o pan.

Cancioneiro popular de Galicia: Eu non canto por cantar / Manuel Rico, Antón Santamarina. Museo do Pobo Galego.

Xeralmente, o costume de xogar de maneira simbólica comeza aos dous anos, aínda que depende moito da madurez psicolóxica de cada nena/o. Este ano o Entroido vai ser diferente e non nos vai a quedar máis remedio, debido ao escenario sanitario actual, que celebrar estas festas na intimidade familiar. Pero non por iso debemos deixar de pasalo ben, e pódense facer moitas cousas: confeccionar coas/os pequenas/os os disfraces, facer unha sesión de fotos e rematar cunha apetitosa merenda con orellas, filloas, rosquillas ou chulas de cabaza e un divertido baile con música do Entroido. Sen dúbida, un plan inesquecible.

Xa que, de momento, seguimos sen celebrar os Bebencontros, queremos compartir convosco un conto entroideiro El carnaval de los animales de Marianne Dubuc e editado por Juventud. Agardamos o desfrutedes!

Conto El carnaval de los animales de Marianne Dubuc, editorial Juventud.

Con motivo destas datas tamén elaboramos unha pequena guía de lectura con contos de Entroido para disfrutar en familia. Podedes atopar os documentos no fondo das Bibliotecas Municipais da Coruña, consulta a súa dispoñibilidade aquí.

Guía de lectura sobre o Entroido para os máis pequenas/os.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: