Lecturas que namoran


Ilustración de  “Alas y olas” de Pablo Auladell

É sabido por todo bo lector e lectora que os libros dánnos ás, créannos soños, énchennos de experiencias inimaxinables. Os libros impúlsannos tan alto que non chegariamos a alcanzar toda a maxia que nos transmiten nin subidos a un xigante no bico dos pés. O mundo da literatura despídese de Bárbara  Fiore, editora apaixonada polos libros, o deseño, e a arte. 

Desde a Biblioteca Fórum queremos facer unha pequena homenaxe e destacar o impecable traballo dunha editorial que consente cada detalle en cada unha das súas publicacións.

A máxica editorial conta co fermoso traballo de  Shaun Tan, Jimmy Liao, Pascal Blanchet, Luke Pearson, Suzy Lee, Shinsuke Yoshitake, Ji Hyeon Lee, Pablo Auladell ou Wolf Erlbruch; persoas que fan vibrar cada páxina coas súas impresionantes ilustracións. que son para ver, para ler, para sentir, para soñar e emocionarse

Ilustracións de Shaun Tan (Se picades no nome poderedes ver a exquisita curtametraxe da cousa perdida)

Deixámosvos esta pequena escolleita de lecturas de Barbara Fiore Editora tan surrealistas, emocionantes, enigmáticas e ás veces mesmo aterradoras pero igual de especiais. Que na nosa opinión fanse uns títulos imprescindibles deste marabilloso formato gráfico na literatura infantil e xuvenil. 

Hilda y el gigante de media noche" de Luke Pearson, "La cosa perdida" de Shaun Tan, "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao, "La fuga" de Pascal Blanchet. "Cuentos de la periferia" de Shaun Tan, "La piscina" de Ji Hyeon Lee, "La creación" de Bart Moeyaert e ilustraciones de Wolf Erlbruch, "Flora y el Flamenco" de Molly Idle, "El pato y la muerte" de Wolf Erl, "Chupacazuelas" de Guillaume de Sancy y Antoine Moreau-Dusault, "El árbol rojo" de Shaun Tan, "Los conejos" de John Marsden y Shaun Tan, "La noche estrellada" de Jimmy Liao, "Alas y olas" de Pablo Albo y Pablo, "La señora y el niño" de Geert De Kockere y Kaatje Vermeire, "El autobus" de Rosa de Fabrizio Silei y Maurizio A. C. Quarello, "Atascado" de Shinsuke Yoshitake y "La ola" de Suzy Lee.

Ilustracións de Jimmy Liao


Facemos mención especial ao seu primeiro título “El taller de las mariposas”  de Gioconda Belli e ilustrado por Wolf Erlbruch. Libro que Bárbara e Francisco (donos da editorial) afirman non ser casualidade que fose o primeiro. Albúm que foi  Premio ALMA a Wolf Erlbruch, na Feira de Bolonia no ano 2017.

“Taller de las mariposas” fala dun grupo de artistas, os Deseñadores de Todas as Cousas, son os encargados de deseñar animais e plantas dun mundo aínda en construción. Odaer conseguirá realizar o seu soño, crear unha criatura capaz de voar como un paxaro e ser tan belo coma unha flor: as bolboretas.
  

E se vos pica a curiosidade por algunha destas historias estades de sorte! descansan nos andeis das bibliotecas desexando ser lidas. Lembrade que os álbums ilustrados son para deixarse levar e que reforman con gran intensidade aquilo de “Ler dá soños” .

Deixade vosa imaxinación sen freos e gozádeos! 

#recomendamosbmc #literaturaxuvenil #bforum #barbarafioreeditorial #libros #bibliotecas #lix #bcoruna #lecturasrecomendadas #homenaxebarbarafiore #libroilustrado #ilustracións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: